- A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a próxima semana as xornadas “O sector cooperativo como ferramenta para xerar riqueza no rural”,no marco da Rede Eusumo.
- Tres persoas expertas en cooperativismo, medio rural e calidade sanitaria a económica das explotacións de vacún exporán métodos e liñas de actuación para favorecer a fixación de riqueza.
- O día 6 a xornada será en Santa Comba, o día 7 en Chantada, o día 8 en Sarria e o día 9 en Melide.
A próxima semana AGACA organiza catro xornadas “O sector cooperativo como ferramenta para xerar riqueza no rural”, dúas das cales serán na provincia de Lugo e as restantes na da Coruña (Santa Comba e Melide).
Os obxectivos da iniciativa son mostrar o potencial do modelo de empresa cooperativa e do emprendemento como axentes xeradores de riqueza e motores económicos no contorno rural.
María Rey, técnica de AGACA, centrará as súas intervencións no rol das explotacións cooperativas galegas como garantes da riqueza social e medioambiental e mostrará as oportunidades que ofrece o medio rural para a creación de empresas, mediante a exposición de casos de éxito.
Con respecto ás charlas máis específicas do sector vacún, Xan Rodríguez falará sobre as micotoxinas no leite, enfocándose nos seus ricos e en modos de control e prevención. Para rematar, Iván Mato centrarase en eficiencia e económica ante vacas con alto reconto celular e en uso de antibióticos.
Rede Eusumo
A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuació.
- Santa Comba – 06/02/2017
– Edificio Multiusos Terra de Xallas, r/Curros Enríquez s/n
De 10:30 a 14:00
- Chantada – 07/02/2017
– Aula CEMIT (Telecentro de Chantada, r/Ribeira Sacra, nº 12
De 10:30 a 14:00
- Sarria – 08/02/2017
– Salón de actos, Casa da Cultura – r/ Marqués de Ugena, s/n
De 10:30 a 14:00
- Melide – 09/02/2017
– Casa da Cultura – r/ Galicia nº 16
De 10:30 a 14:00




