- AGACA, a través da Asociación Española de Cooperativas Agro-alimentarias, é unha das entidades que participan no proxecto europeo Sucellog para promover a implicación do sector agrario na subministración sustentable de biocombustibles sólidos.
O proxecto SUCELLOG consiste en impulsar a creación de centros loxísticos de biomasa nas agroindustrias, especialmente cooperativas, como complemento á súa actividade habitual, promovendo así unha nova liña de negocio de maneira que poidan diversificar a súa actividade cunha baioxa inversión.
Cooperativas Agro-alimentarias de España participa como socio no proxecto SUCELLOG xunto coas federacións rexionais de Aragón, Galicia, Castilla León, Extremadura e Cataluña, á que se suman otras organizacións de cooperativas de Francia e Italia e as Cámaras Agrarias Austríacas, ademais de CIRCE como coordinador e WIP e RAGT como apoio técnico.
Ademais do vídeo explicativo, SUCELLOG vén de publicar dous manuais para axudar as agroindustrias a preparar estudos de viabilidade, cos que avaliar os aspectos técnicos e económicos do potencial establecemento de centros logxísticos de biomasa nas propias agroindustrias, especialmente cooperativas.
Os manuais poden consultarse na web do proxecto: www.sucellog.eu




