• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

O programa de produción e comercialización agraria de calidade diferenciada de Vegalsa-Eroski e Agaca prevé superar 1.325.000 euros de facturación en 2016

10 de Xuño de 2016
in Novidades
O programa de produción e comercialización agraria de calidade diferenciada de Vegalsa-Eroski e Agaca prevé superar 1.325.000 euros de facturación en 2016
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

  • A distribuidora alimentaria estima comprar máis de 1.425.000 quilos de produto este ano o que supón un 25% máis con respecto ao ano anterior.
  • A compañía galega e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) renovaron, no marco da 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, o convenio de colaboración que cumpre cinco anos.

20160609_Semana_Verde_Silleda_web_vegalsaCoincidindo coa 39ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e o presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), José Montes, acompañados pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, renovaron o protocolo de colaboración, posto en marcha no 2011, para a comercialización de produtos agrarios de calidade, con trazabilidade, na rede comercial de Vegalsa-Eroski conformada por un total de 261 tendas.

Horta rendible e de calidade

Seis son as entidades de AGACA (cinco cooperativas e unha SAT) que forman parte deste proxecto e que viron incrementada a súa facturación en 2015 con respecto ao anterior, alcanzando un total de 1.251.000 euros.

O volume de produción durante o pasado exercicio foi de 1.140.000 quilos a través da comercialización de 27 produtos típicos da nosa terra e de gran calidade. A previsión para o presente exercicio pasa por incrementar en máis do 25% os volumes comercializados co grupo de distribución.

Grazas ao convenio de Vegalsa-Eroski e AGACA, en 2015 produciuse un aumento de produción con respecto á campaña anterior do 25% en volume de produción e do 6% en euros de venda. Os alimentos máis demandados foron as leitugas Trocadero, o pemento de Padrón, os allos porros e as xudías. Entre os obxectivos do acordo de colaboración atópase implantar novas referencias, mantendo as recollidas no convenio anterior.

Aposta polos provedores galegos

Este acordo naceu do compromiso que Vegalsa-Eroski ten co medio rural e a economía agraria como fortes impulsores do desenvolvemento económico e social de Galicia, así como a firme aposta na súa estratexia comercial co desenvolvemento dos produtos galegos de calidade diferenciada. A través da firma de diversos convenios de colaboración con diferentes Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas e de participar en numerosas accións en favor do desenvolvemento do medio rural, a compañía logrou que os produtos galegos signifiquen cada ano un maior volume das súas compras (máis de 260 millóns de euros en 2015) e unha presenza moi destacada nas súas tendas.

A quinta renovación deste convenio xorde ademais da posta conxunta entre o grupo de distribución e AGACA pola innovación e o desenvolvemento empresarial de base cooperativa situando o asociacionismo agrario galego en xeral, e hortofrutícola en particular, no escenario do I+D+i como forma de afrontar o reto da competitividade.

09/06/2016
Tags: horta/flor
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}