- Os días 29 e 30 de marzo tivo lugar o Curso de Formacion de Auditores de Centros Loxísticos de Biomasa en Valladolid, enmarcado no programa internacional SUCELLOG para o impulso da creación de centros de biomasa.
- Formáronse técnicos das Federacións de Cooperativas de Galicia (a través da participación de AGACA), Aragón, Castela e León, Extremadura e Cataluña.
O curso incluíu formación técnica e práctica, tanto nas instalacións de URACYL como nas da Cooperativa Agrícola Regional, que permitirá ao persoal técnico participante adquirir novas ferramentas para a realización de auditorías de potencial enerxético. Nos próximos meses, auditaranse 10 cooperativas participantes en Sucellog.
Sucellog está financiado polo programa Enerxía Intelixente para Europa, da Comusión Europea. AGACA, a través de Cooperativas Agro-alimentarias de España, é unha das entidades que participa neste proxecto.
Ver noticia completa en Cooperativas Agro-alimentarias de España
Máis información:
SUCELLOG




