• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

O programa“Atrévete Contigo Mesma” remata en Viña Costeira tras chegar a máis de 400 mulleres en Galicia

24 de Febreiro de 2016
in Novidades
O programa“Atrévete Contigo Mesma” remata en Viña Costeira tras chegar a máis de 400 mulleres en Galicia
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

 

  • Corenta socias da cooperativa vitivinícola Viña Costeira (Valdepereira – Ribadavia) participaron na última xornada do programa “Atrévete Contigo Mesma”, que contextualiza e busca solucións ás problemáticas que afectan ás mulleres do medio rural para compaxinar vida profesional e persoal.
  • A xornada, organizada por AGACA e Obra Social “la Caixa”, busca motivar ás socias da cooperativa para que accedan ao Consello Reitor, así como escoitar as súas suxestións para a mellora das iniciativas da entidade no que respecta á paridade

wb_vina_costeira_sesion_coachingUn grupo de 40 asociadas á adega cooperativa Viña Costeira asistiu esta mañá á xornada “Atrévete Contigo Mesma”, impartida por persoal da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias especializado en igualdade e motivación empresarial.

A primeira parte da charla centrouse en contextualizar o papel da muller no sector cooperativo. A falta de tempo e de preparación listáronse como principais causas da escaseza de socias implicadas nos Consellos Reitores: o 47% das cooperativistas di non dispor de nada de tempo libre para goce persoal e arredor do 17% alega falta de formación ou non sentirse capacitada para un posto de responsabilidade.

A segunda metade da Xornada invitou á participación das asistentes, coas que se debateu sobre os servizos que deberían incorporar as entidades para fomentar a participación das mulleres en asembleas, votacións e reunións societarias, pero tamén aspectos como a visibilización das capacidades das mulleres do medio rural e xeitos de lograr unha axeitada conciliación entre a vida profesional e laboral (só o 9% das parellas de cooperativistas recoñece un reparto equitativo das tarefas domésticas).

Susana López, secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, destacou durante a inauguración a importancia de que máis mulleres se integren en órganos de decisión de cooperativas, pois “non se pode desaproveitar o talento dun segmento tan alto da poboación activa”.
Yago Borrajo, Xefe Territorial de Medio Rural de Ourense, Félix Rodríguez Vázquez, responsable da oficina La Caixa de O Carballiño, e os presidentes de AGACA e Viña Costeira, José Montes e Andrés Rodríguez, respectivamente, participaron no acto.

Empoderamiento
O eido do cooperativismo agroalimentario conta en Galicia con arredor de 13.000 persoas asociadas en máis de 80 cooperativas, segundo os Informes Económicos de AGACA. Só o 12% destas entidades ten mulleres no Consello Reitor, malia seren elas o 49% da masa social.

O obxectivo do programa “Atrévete Contigo Mesma”, no que levan participado 430 mulleres de 10 cooperativas das catro provincias galegas, é servir de motivación ás cooperativistas para que se involucren activamente no toma de decisións e no desenvolvemento dos aspectos máis empresariais das cooperativas, pois o 96% das asociadas nunca optou a un posto nun órgano de decisión.

AGACA e Obra Social “la Caixa”, entidades organizadoras, buscan poñer de relevo as capacidades empresariais das mulleres do eido rural e proporcionarlles ferramentas para mellorar a súa percepción das súas propias habilidades.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}