• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

AGACA reclama e impulsa a unión e integración das cooperativas para afrontar a crise do sector

29 de Xaneiro de 2016
in Novidades
AGACA reclama e impulsa a unión e integración das cooperativas para afrontar a crise do sector
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

  • Os inicios de 2016 apuntan a previsións de prezos moi baixos no leite recollido polos primeiros compradores.
  • Urxe o Decreto de prezos de cesión para introducir transparencia, así como o contrato homologado entre primeiros compradores e industria.
  • Dende AGACA iniciamos accións encamiñadas a reorientar as nosas cooperativas e defender o sector. Non nos resignamos ao “sálvese quen poida”.

Os últimos movementos no mercado lácteo anticipan un certo colapso que parece inevitable; probablemente haberá vítimas entre os operadores do sector máis desprotexidos pola normativa oficial, repercutindo nos gandeiros e gandeiras galegas que venden a primeiros compradores.

AGACA non se resigna e promoverá unha acción conxunta e unitaria entre todas as cooperativas leiteiras socias apelando á solidariedade e ao vínculo que as une na defensa dos gandeiros galegos. O propósito a alcanzar é o fortalecemento das cooperativas ante a anemia que padece o mercado, a inacción do Ministerio e un Acordo Lácteo a medio desenvolver e aplicar que, así, non resulta nin operativo, nin axeitado para o sector lácteo de España.

Os primeiros compradores galegos están recibindo mensaxes claras por parte dalgunhas industrias: de cara á primavera, estas serán incapaces de asumir a totalidade do leite producido e non descartan que quede leite sen recoller e transformar. O problema vese incrementado ao superar o 20% o leite que se transforma fóra de Galicia. Tampouco sería algo inimaxinable que Gobernos doutras CCAA esixan, á dita industria, dar prioridade á recollida e transformación do leite da propia Comunidade Autónoma. Por iso, demandamos unha implicación total do Goberno Galego na defensa do mercado.

O Acordo Lácteo a medio implantar desequilibra a balanza en contra dos intereses dos primeiros compradores lácteos. Estanse a firmar contratos entre os gandeiros e a industria pero aínda non é obrigatorio nin posible, tal e como recolle o Acordo Lácteo, asinar contratos homologados entre primeiros compradores e industria transformadora.

Tal e como está desenvolvido o Acordo polo Ministerio, ata o de agora, produciuse un maior desequilibrio que afecta á competencia entre os diferentes operadores lácteos.

É necesario que o Ministerio aborde unha modificación da figura das Organizacións de Produtores para facelas efectivamente reguladoras nun mercado libre e sen excedentes puntuais. Tamén urxe mellorar a lexislación que afecta á figura dos primeiros compradores lácteos; de continuar así, poden producirse máis impagos do leite aos gandeiros.

Os gandeiros, e toda a sociedade, deben ter pleno coñecemento do grave problema ao que nos enfrontamos, probablemente un escenario máis complexo e difícil que o de 2015.

Debemos atopar o equilibrio na cadea, reducir a oferta e socializar o problema; afrontalo con claridade e transparencia: que todos os gandeiros coñezan a realidade da situación e poidan elaborarse estratexias de recuperación que impidan que gandeiros veciños cheguen a cobrar o leite a prezos moi desiguais.

As advertencias das industrias, o consumo conxelado ou a incapacidade para lograr substituír as importacións masivas de queixo ou doutros derivados lácteos da Unión Europea son factores que levan a que, ou todos os gandeiros do Estado reducimos produción, ou achegámonos a unha posible ruptura do sistema.

A responsabilidade recae en todos: Goberno central, INLAC, Gobernos autonómicos, Sindicatos, Industrias, Cooperativas…

Nestes días
• Unha industria, unilateralmente e sen previo aviso, ameaza con deixar de mercar leite a unha cooperativa alegando exceso de produción e incumprindo todos os criterios de sostibilidade asinados no Acordo Lácteo.

• Outra industria comunica a baixada do prezo do leite pagado aos primeiros produtores a 0,18€/l “como un favor”, avisando da incapacidade para recoller a cantidade prevista nos próximos meses.

• Esta industria, a través dunha marca propia empaqueta ese leite e parece que o oferta tirando os prezos nos mercados, especialmente do canal Horeca e infrinxindo o Acordo Lácteo.

• En febreiro, moitas explotacións (que comercializan o leite a través de primeiros compradores) probablemente cobren o leite, de media, a 0,18€/l e haberá diferenzas entre uns e outros superiores a 0,12 €/l. Onde queda a sostibilidade destes?.

• Portugal coloca os seus excedentes en España dificultando gravemente o noso mercado.

  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}