- A adega de Cambados acolle mañá a primeira das Xornadas “Atrévete Contigo Mesma” de 2016, organizada por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) e Obra Social “la Caixa”.
- Susana López, secretaria xeral de Igualdade, estará na inauguración.
- Técnicas de AGACA especializadas en Igualdade e en coaching traballarán coas socias para favorecer a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no acceso aos cargos de responsabilidade das cooperativas.

Socias da bodega cambadesa Condes de Albarei participarán mañá na Xornada “Atrévete Contigo Mesma”, que ten por obxectivo fomentar a participación das mulleres cooperativistas nos órganos de decisión.
A iniciativa “Atrévete Contigo Mesma” que, en 2015, colleitou un grande éxito de participación —máis de 300 mulleres asistiron ás 7 actividades celebradas en novembro e decembro—, achega claves para fomentar o acceso das socias a postos de responsabilidade das cooperativas, evitando que se desaproveite a capacidade empresarial de preto da metade da súa masa social.
Implicación social
AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan a iniciativa “Atrévete Contigo Mesma” como parte das súas actividades en prol da igualdade de xéneros. Ata o de agora, sete cooperativas das provincias de A Coruña e Lugo participaron xa nas xornadas “Atrévete Contigo Mesma”, cunha media de 50 participantes por sesión. Continúase a traballar para organizar xornadas tamén en Ourense e Pontevedra, nos vindeiros meses.




