AGROSOCIAL PLUS é un proxecto de cooperación transfronteiriza no que participan 12 entidades de España e Portugal, coa Deputación de Córdoba como beneficiario principal.
O seu obxectivo é reforzar a economía social agroalimentaria dos territorios de fronteira mediante a innovación, a formación e a cooperación.
Duración: desenvólvese entre 2026 e 2028 e dá continuidade ao proxecto AGROSOCIAL.
O proyecto traballa en catro liñas:
■ Living Labs: espazos en Córdoba, Cáceres e Fundão onde as cooperativas ven a tecnología funcionando nunha explotación real antes de investir nela.
■ Escola de Alta Dirección: formación en estratexia, tecnoloxía e intelixencia artificial para quen dirixen cooperativas.
■ Emprendemento social: mentorías, escaparate e investidores para startups que resolven problemas do campo.
■ Produtos locais: promoción conxunta en España e Portugal dos produtos da fronteira.
OBXECTIVOS
- Que 60 empresas de economía social coñezan e proben tecnoloxías nos Living Labs
- Formar e asesorar a 180 empresas de economía social a través da Escola de Alta Dirección
- Acompañar a 30 startups con mentorías estratéxicas
- Por en valor 15 produtos locais da fronteira cunha campaña conxunta
SOCIOS
España
AGACA – Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias
Diputación de Córdoba
Diputación de Lugo
Diputación de Cáceres
IEDT – Instituto de Empleo y Desarrollo Socioeconómico y Tecnológico – Diputación de Cádiz
Cooperativas Agro-alimentarias de Extremadura
Cooperativas Agro-alimentarias de Andalucía
INTEC – Fundación Europea para la innovación y aplicación de la tecnología
Cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
MÁIS INFORMACIÓN
https://www.poctep.eu/proyecto/0557_agrosocial_plus_6_e-ecosistemas-innovadores-de-economia-social-agroalimentaria/

