• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Novidades

AGACA participa en ULEX_AE, un proxecto supraautonómico para aproveitamento do toxo

Agaca por Agaca
23 de Xullo de 2026
en Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

  • ULEX é un proxecto supraautonómico co obxectivo de desenvolver e validar o aproveitamento integral o toxo como recurso estratéxico. 
  • Está formado por entidades de varias comunidades autónomas e desenvolverase desde 2026 a 2028.

O proxecto ULEX_AE Valorización do ULEX para a obtención conxunta de fariña para alimentación animal e acha para o sector enerxético aborda a valorización integral do toxo en Galicia e Asturias mediante unha estratexia que abarca desde a caracterización do recurso ata a súa aplicación en alimentación animal e enerxía.

Para iso, levarase a cabo a localización, cuantificación e caracterización física-química do toxo, presente nos montes de Galicia e Asturias. Integraranse os condicionantes técnicos existentes, como accesos, pendente e presenza doutras especies, entre outros aspectos. Ademais, estableceranse os criterios técnicos e económicos necesarios para a extracción da biomasa caracterizada, identificando finalmente as zonas aptas para a extracción da biomasa de toxo respecto de a/s especie/s determinadas analizadas e avaliación de distancias e transporte, para garantir a súa viabilidade.

Posteriormente deseñarase e desenvolverá un sistema mecanizado específico para a curta, recolleita e transporte do toxo, minimizando a perda de fracción fotosintética, seguido da súa validación en campo, demostración in situ e avaliación técnico-económica (rendementos, tempos, consumos e custos por tonelada). Paralelamente crearanse prototipos de secado e de separación de fraccións (leñosa e fotosintética), así como unha aplicación informática para a xestión integral do proceso.

A fracción fotosintética transformarase en fariña para ensaios nutricionais e formulación de pensos para vacún leiteiro, cuxa validación se realizará en explotacións reais. A fracción leñosa procesarase en acha para levar a cabo probas enerxéticas e analizar o seu poder calorífico e outros parámetros. Ademais, desenvolverase unha metodoloxía xenética para a rastrexabilidade de Ulex spp. (toxo europeo).

Finalmente, executarase un estudo técnico-económico, ambiental e enerxético global, avaliando eficiencia, custos, pegada de carbono e potencial de autoabastecemento enerxético.

O obxectivo do proxecto ULEX_AE é a obtención de fariña proteica para pensos, substitutiva e máis económica que materias importadas; produción de acha enerxética local de maior poder calorífico e menor custo; e implantación dun modelo sostible de xestión forestal con tecnoloxía innovadora que preveña incendios e reduza emisións.

 

O proxecto será levado a cabo de 2026 a 2028 por unha agrupación formada por AGACA, Grupo Nogar, Indutec Ingeniéros, Grupo Mariano Seoánez Calvo, Dismedia Desarrollos TIC e Desbroces Casal, contando con entidades contratadas: Fundación IN&FIAR, Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) e Lomartov.

 

Entidades financiadoras

ULEX_AE Valorización do ULEX para a obtención conxunta de fariña para alimentación animal e acha para o sector enerxético (REGAGE 25e00048487034). Proxecto de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Fondos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (80%) e da Administración Xeral do Estado (20%). Subvención: 509.603,05 €.

Etiquetas: Innovación

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.