SUPRAOLIVO

Supraolivo

SUPRAOLIVO Innovación para o desenvolvemento sostible e adaptado do cultivo do olivo en Galicia, Castela e León e Andalucía aborda a adaptación de determinadas variedades de olivo ás condicións edafoclimáticas das zonas a estudo, a erosión da biodiversidad varietal e a limitada competitividade en rexións emerxentes. Desenvolveranse ensaios agronómicos, selección e valorización de variedades locais, aplicación de técnicas sostibles e análise de calidade doaceite para mellorar resiliencia, rendibilidade e diferenciación comercial, facilitando a transferencia a agricultores e técnicos.

DURACIÓN: De marzo de 2026 a febreiro 2029.

COMO LOGRALO?

O proxecto desenvolverá un conxunto coordinado de actividades técnicas e demostrativas orientadas a modernizar e reforzar a sustentabilidade e competitividade do cultivo da oliveira en Galicia, Castela e León e Andalucía.

Nunha primeira fase, seleccionaranse parcelas representativas e realizarase a súa caracterización edafoclimática detallada para avaliar a adaptación de variedades autóctonas e outras de interese, analizando o seu comportamento produtivo, fenolóxico e sanitario en distintas condicións ambientais. Aplicaranse e compararanse prácticas de manexo sostible como fertilización racional en solos acedos, optimización da rega mediante monitorización de humidade, micorrización en novas plantacións e mantemento do solo con cubertas vexetais, incorporando ferramentas de seguimento para mellorar a eficiencia e resiliencia do cultivo.

Paralelamente, estudarase a produción, o rendemento graxo e a calidade físico-química e sensorial dos aceites obtidos, establecendo relacións entre manexo agronómico, condicións climáticas e calidade final.

Ademais, realizarase a prospección, identificación xenética e multiplicación de variedades locais de interese, establecendo parcelas demostrativas para validar o seu potencial.

O proxecto incluirá estudos agroeconómicos e de sustentabilidade para avaliar rendibilidade, escalabilidade, potencial de mercado e pegada ambiental, finalizando con accións de transferencia e divulgación dirixidas a agricultores e técnicos para facilitar a adopción práctica dos resultados.

PARTICIPANTES:

Entidades financiadoras

SUPRAOLIVO Innovación para o desenvolvemento sostible e adaptado do cultivo de olivo en Galicia, Castela e León e Andalucía (REGAGE 25e00048407852) Proxecto de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Fondos procedentes do fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (80%) e da Administración Xeral do Estado (20%). Orzamento total do proxecto: 581.921,37 €. Subvención total: 581.921,37 €.