RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 21 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional mediante contratos formativos para a mocidade ou no sector artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Consellería do Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 106, 09/06/2026)
OBXECTO
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das subvencións destinadas a promover a primeira experiencia profesional a través de contratos formativos.
Estas axudas estrutúranse en dous programas principais:
- Programa I (TR353C): Centrado na primeira experiencia profesional de persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos. O seu fin é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional da mocidade galega, proporcionándolles competencias para a súa vida laboral e fomentando a retención do talento na comunidade.
- Programa II (TR353E): Dirixido á primeira experiencia profesional en oficios artesanais. Ten como finalidade garantir a continuidade destes oficios en Galicia e mellorar a inserción laboral de persoas desempregadas en actividades artesanais, que son un valor clave para a identidade e cultura galegas
Código de procedemento administrativo para dita axuda é para o programa I: TR353C
Código de procedemento administrativo para dita axuda é para o programa II: TR353E
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
As actuacións subvencionables nesta convocatoria divídense segundo o programa ao que se opte, centrándose na formalización de contratos formativos que deben ter, en ambos os casos, unha duración mínima de 12 meses e ser a xornada completa
Programa I (TR353C): Primeira experiencia profesional das persoas mozas
Neste programa subvenciónanse dúas liñas de contratación para mozos e mozas menores de 30 anos:
- Contratos para a obtención da práctica profesional: Dirixidos a persoas con titulación universitaria, de grao medio ou superior, especialistas, máster profesional ou certificado de formación profesional, así como títulos equivalentes en ensinanzas artísticas ou deportivas.
- Contratos de formación en alternancia: Para mozos e mozas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións mencionadas anteriormente, co fin de compatibilizar a actividade laboral retribuída cos procesos formativos.
Programa II (TR353E): Primeira experiencia profesional en oficios artesanais
Neste programa subvenciónase a contratación por conta allea nos obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia:
- Contratos para a obtención da práctica profesional en oficios artesanais: Dirixidos a persoas desempregadas que posúan unha titulación universitaria, de formación profesional ou equivalente, para que poidan adquirir práctica profesional adecuada ao seu nivel de estudos no sector artesana
BENEFICIARIOS
De xeito xeral, poden ser beneficiarias as persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo autónomos, comunidades de bens e sociedades civís que contraten traballadores para centros de traballo en Galicia.
As particularidades por programa son:
- Programa I (TR353C): Ademais das empresas xerais, tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral (agás para contratos con persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, respectivamente).
- Programa II (TR353E): Está reservado especificamente para os obradoiros artesáns que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Exclusións importantes: Non poden ser beneficiarias as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas a elas nin as entidades sen ánimo de lucro
REQUISITOS DAS PERSOAS A CONTRATAR
- Programa I: Mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, desempregados e inscritos como demandantes de emprego, que non teñan unha experiencia profesional superior a un ano no mesmo grupo de cotización.
- Programa II: Persoas desempregadas, maiores de 16 anos, con titulación universitaria ou de formación profesional axeitada para a práctica profesional no sector artesanal.
CONTÍA DAS AXUDAS
O importe da subvención varía segundo o grupo de cotización da persoa contratada e é o mesmo para ambos os programas:
- 16.625 €: Para contratos nos grupos de cotización 1 e 2.
- 13.300 €: Para contratos nos grupos de cotización 3 ao 7.
- 9.975 €: Para contratos nos grupos de cotización 8 ao 11.
Estas contías toman como referencia os custos totais de contratación, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. O pagamento realizarase nun único aboamento tras xustificar a contratación
CONDICIÓNS XERALES
Para que estas contratacións sexan subvencionables, deben cumprir os seguintes requisitos temporais e de perfil:
- Período de contratación: Os contratos deben realizarse entre o 16 de outubro de 2025 e o 30 de outubro de 2026.
- Tipo de contrato: Son subvencionables tanto as novas contratacións como aquelas realizadas con anterioridade á solicitude, sempre que se cumprisen os requisitos no momento de iniciar o contrato.
- Situación laboral: As persoas contratadas deben estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento da contratación.
- Experiencia previa: No caso do Programa I, as persoas non poden ter unha experiencia profesional superior a un ano no mesmo grupo de cotización
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 17 de xuño ata o 30 de setembro de 2026.



