RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligaón “web”.
— ORDE do 15 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Consellería do Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 103, 04/06/2026)
OBXECTO
Favorecer a integración laboral en empresas do mercado a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que presenten especiais dificultades para a súa inserción.
Ditas axudas teñen como finalidade específica:
- Financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación das persoas preparadoras laborais encargadas de realizar as accións de emprego con apoio.
- Estas subvencións cobren tanto as novas contratacións como o persoal preparador que xa estea prestando servizos na entidade
O código de procedemento administrativo para dita axuda é TR342A.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
- Custos Laborais e da Seguridade Social
Custos derivados da contratación das persoas preparadoras laborais que realicen as accións de apoio
Isto inclúe tanto a novas contratacións como ao persoal preparador que xa veña prestando servizos na entidade
- Accións Mínimas dos Proxectos
Os proxectos de emprego con apoio deben recoller, como mínimo, as seguintes actividades de orientación e acompañamento individualizado no posto de traballo:
Orientación e adaptación: Elaboración dun programa individualizado de adaptación ao posto de traballo.
Mediación laboral: Labores de axuda mutua entre a persoa traballadora, o empregador e o resto do persoal da empresa.
Habilidades sociais: Apoio no desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias para facilitar a relación na contorna laboral.
Adestramento técnico: Formación específica nas tarefas propias do posto de traballo
Seguimento e avaliación: Detección de necesidades e prevención de riscos que poidan poñer en perigo a permanencia no emprego
Asesoramento á empresa: Información sobre os procesos de adaptación necesarios no centro de traballo
O período subvencionable abrangue as accións xeradas entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026
BENEFICIARIOS
As entidades que poden ser beneficiarias destas subvencións para promover proxectos de emprego con apoio son as seguintes:
- Entidades sen ánimo de lucro: Asociacións, fundacións e outras organizacións que teñan como obxecto social a inserción laboral ou creación de emprego para persoas con discapacidade ou en exclusión. Deben contar con experiencia acreditada nestes programas e dispoñer de persoal preparador especializado.
- Centros especiais de emprego (CEE): Deben estar cualificados e inscritos no rexistro administrativo de Galicia e subscribir convenios de colaboración coas empresas que contraten ás persoas traballadoras.
- Empresas de inserción: Inscritas no Rexistro de Empresas de Inserción de Galicia, para apoiar a persoas en situación ou risco de exclusión social procedentes do seu cadro de persoal ou de outras empresas de inserción.
- Empresas do mercado ordinario e autónomos: Con domicilio fiscal en Galicia, que contraten directamente ás persoas apoiadas. No caso de empresas de 50 ou máis traballadores, deben cumprir coa cota de reserva do 2 % para persoas con discapacidade ou as medidas excepcionais correspondentes.
CONTÍA DAS AXUDAS
- Contía base anual
O importe establécese en función do perfil da persoa traballadora que recibe o apoio (contratada a xornada completa):
- 11.083,33 €: Por cada persoa con parálise cerebral, enfermidade mental ou discapacidade intelectual cun grao 65 %.
- 6.650 €: Polos mesmos perfís anteriores pero cun grao entre o 33 % e o 65 %.
- 4.156,25 €: Por persoas con discapacidade física ou sensorial 65 %, persoas xordas 33 % ou persoas en situación de exclusión social.
- 1.625 €: Por persoas con capacidade intelectual límite.
Estas contías base reduciranse proporcionalmente se o contrato é por un tempo inferior ao ano ou se a xornada é a tempo parcial.
- Incrementos acumulables (25 %)
A contía base pode incrementarse nun 25 % por cada unha das seguintes circunstancias (que son acumulables entre si) se se dan na persoa preparadora laboral contratada:
- Ser muller.
- Ser maior de 45 anos.
- Ser persoa emigrante retornada ou estranxeira.
- Que o centro de traballo estea nun concello rural.
- Ser persoa trans.
- Gastos de desprazamento
Pódese conceder unha subvención adicional de ata 2.500 € por persoa preparadora laboral cando esta teña que prestar os apoios en centros de traballo ou empresas situadas en concellos distintos ao do seu centro habitual.
Límite máximo
En ningún caso a axuda total poderá superar o 100 % dos custos laborais e da Seguridade Social da persoa preparadora laboral (sen contar os gastos de desprazamento). Ademais, estas axudas están suxeitas ao réxime de minimis, polo que o total de axudas deste tipo para unha única empresa non pode superar os 300.000 € nun período de tres anos
REQUISITOS E EXCLUSIÓNS
- Gratuidade: Todas estas entidades teñen a obriga de desenvolver as actividades de apoio de xeito totalmente gratuíto, sen cobrar ningunha cantidade ás persoas traballadoras nin ás empresas.
- Preparadores laborais: As entidades deben contar no seu cadro de persoal con persoas preparadoras que teñan, como mínimo, unha titulación de FP de grao medio e un ano de experiencia en integración laboral.
- Réxime de minimis: Estas axudas están sometidas a este réxime, polo que o total de axudas deste tipo percibidas por unha empresa non pode superar os 300.000 € nun período de tres anos.
Exclusións
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
- Tampouco aquelas entidades que teñan pendentes débedas coa Administración ou que estean excluídas por sancións firmes en materia de infraccións sociais.
- Aínda que as axudas se destinan a financiar ás entidades promotoras, os destinatarios finais (quen recibe o apoio) son as persoas traballadoras con discapacidade (intelectual, mental, física ou sensorial), persoas xordas, con capacidade intelectual límite ou en situación de exclusión social.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 11 de xuño ata o 30 de setembro de 2026.



