• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
Sin resultado
Ver todos los resultados
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
Sin resultado
Ver todos los resultados
Home Destacadas

As cooperativas agroalimentarias galegas integradas en AGACA superan os 2330 M€ de facturación conxunta e consolidan o seu peso estratéxico no rural galego

Esta mañá AGACA celebrou a XXXVIII Asemblea Xeral

Agaca por Agaca
29 de Maio de 2026
en Destacadas, Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • Na Asemblea, aprobáronse as contas anuais e a Memoria Anual de Actividades correspondente a 2025.
  • Por sectores, destaca a evolución positiva do lácteo, mentres que o porcino pecha o exercicio marcado pola baixada de prezos derivada da peste porcina africana.

38 Asemblea Xeral AGACAA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrou esta mañá en Santiago de Compostela a 38ª edición da súa Asemblea Xeral Ordinaria. No evento, que transcorreu con total normalidade, aprobáronse as Contas Anuais e o Informe de Xestión do exercicio 2025. Ademais, presentouse a Memoria Anual de Actividades de 2025 e informouse sobre o Plan Anual de Actividades previsto para 2026.

Xunto á representación institucional, AGACA reforzou en 2025 o acompañamento directo ás cooperativas socias. A entidade mantivo unha intensa actividade de interlocución coa Xunta de Galicia, co Ministerio e con outros organismos, con especial relevancia no traballo arredor da futura Lei de Cooperativas de Galicia, para a que trasladou propostas e alegacións orientadas a acadar unha norma máis útil, participada e adaptada á realidade do sector. Ademais, prestou apoio fiscal, laboral, contable, administrativo, técnico e de calidade a preto de 100 entidades, cun traballo especializado que incluíu a presentación de arredor de 1500 impostos, a elaboración de máis de 290 informes e memorias, a tramitación de máis de 3000 nóminas, a atención de máis de 2500 consultas e a resposta a máis de 100 requirimentos administrativos.

38 Asamblea General AGACAEste labor completouse cunha intensa actividade de asesoramento ás explotacións, con 529 explotacións de vacún de leite apoiadas no marco do servizo de aconsellamento e 570 explotacións con apoio técnico especializado en benestar animal, pegada de carbono, SIGE e Conta Láctea. Trátase de servizos cada vez máis valorados polas cooperativas, ao contribuír a mellorar a xestión, reforzar a seguridade administrativa e técnica e facilitar a adaptación a un contexto normativo e produtivo cada vez máis esixente.

A formación, a comunicación, a corretoría de seguros e a participación en proxectos completaron esta actividade de apoio. En 2025 desenvolvéronse máis de 2200 horas formativas, accións da Rede Eusumo, cursos especializados, publicacións, revista, web e redes sociais para compartir coñecemento e facer máis visible o modelo cooperativo. Ao mesmo tempo, AGACA participou en diferentes proxectos (un a nivel nacional, dous autonómicos, seis supraautonómicos e catro internacionais) vinculados á economía circular, á valorización de subprodutos, á descarbonización, á dixitalización, á cooperación transfronteiriza e á innovación aplicada, abrindo novas oportunidades para as cooperativas agroalimentarias galegas.

Principais datos económicos e sectoriais de 2025

As cooperativas integradas en AGACA agrupan actualmente arredor de 28 000 persoas socias, xeran máis de 6000 empregos directos e alcanzan unha facturación conxunta de 2330 millóns de euros, incluídas as sociedades participadas polas cooperativas socias.

Segundo os datos recollidos na Memoria 2025, o cooperativismo agroalimentario galego mantivo durante o último exercicio niveis estables de actividade, emprego e resultados, nun contexto marcado pola presión normativa, a evolución dos mercados, os desafíos sanitarios e a transformación ambiental do sector.

O sector lácteo continuou sendo un dos principais motores do cooperativismo agroalimentario galego. En 2025 mellorou a súa rendibilidade grazas ao incremento do prezo medio do leite, que se situou nos 49,76 céntimos por litro, 2,99 céntimos máis que no exercicio anterior. Galicia concentra actualmente o 56,4 % das explotacións leiteiras do Estado e o 42 % da produción total.

No sector porcino, o exercicio estivo condicionado pola aparición da peste porcina africana a finais de ano, circunstancia que provocou unha baixada dos prezos ao peche do exercicio e unha redución da facturación do 17 %.

No ámbito vitivinícola, os viños brancos galegos mantiveron unha boa posición nos mercados e, por primeira vez, un grupo cooperativo galego situouse á cabeza das entidades de capital galego do sector do viño, consolidando o peso do cooperativismo na industria vitivinícola da comunidade.

No sector de abastecementos, as cooperativas continúan desempeñando un papel fundamental no subministro de insumos ao sector agrario galego, superando o 50 % do fornecemento de pensos en Galicia.

Tamén destaca a evolución das seccións de crédito cooperativas, que incrementaron os seus depósitos durante o exercicio, reforzando a súa función como instrumento financeiro de proximidade ao servizo das explotacións e das economías rurais. Tan só tres entidades cooperativas xestionaron máis de 165 millóns de euros en depósitos.

A memoria recolle igualmente o peso crecente dos servizos de maquinaria compartida e servizos técnicos ás explotacións, cada vez máis demandados polas persoas socias como ferramenta para mellorar a competitividade, optimizar custos e facilitar a continuidade das explotacións agrarias.

 

Participaron no peche do acto, Ángel Villafranca, presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, e Manuel Varela, presidente de Caixa Rural Galega, quen salientou a forza do cooperativismo como elemento aglutinador e defensor dos intereses e necesidades dos agricultores e gandeiros.

Tras a Asemblea Xeral de AGACA, as distintas entidades que conforman o Foro pola Economía Social Galega (AGACA, ESPAZOCOOP, CEGASAL, AESGAL e AEIGA) celebraron o Día da Economía Social Galega.

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Sin resultado
Ver todos los resultados
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Revista
    • Hemeroteca
    • Prensa Histórico
  • Audiovisual
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.