RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Resolución completa en español na ligazón “web”.
— RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á cooperación para promover a participación de agricultores en réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR362A). Agencia Gallega de la Calidad Alimentaria (DOG 76. 24/04/2026).
OBXECTO
Establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para promover a participación de agricultores nos réximes de calidade, de acordo coa intervención 7131 «Cooperación para promover a participación en réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios», do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (en diante, PEPAC), de conformidade coas disposicións aplicables á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader) (código de procedemento MR362A).
PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA) que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2, (produción ecolóxica, DOP, IXP, ETG e produción artesanal regulada polo Decreto 174/2019) ou que participasen por primeira vez nos cinco últimos anos.
GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime
2. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación. Poderase cobrar un máximo de cinco anualidades e sempre dentro dos sete anos posteriores á incorporación ao réxime de calidade.
3. Non se tramitarán expedientes de contía inferior a 50 €.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
a) Tipoloxía do réxime de calidade (ata 30 puntos)
i. Produción ecolóxica: 30 puntos
ii. DOP, IXP: 20 puntos
iii. ETG e produción artesanal: 10 puntos
b) Grao de coñecemento do réxime de calidade con base na súa antigüidade (5 puntos)
c) Participación en máis dun réxime de calidade (5 puntos)
d) Situación en zona de montaña (5 puntos)
e) Titular muller (5 puntos)
f) Titular agricultor/a mozo/a (5 puntos)
GASTOS ATENDIBLES NA CONVOCATORIA DE 2026
Para esta convocatoria serán atendibles os gastos imputados á campaña que comprende o período que vai do 1 de maio de 2025 ata i 30 de abril de 2026.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDA
O prazo para presentación de solicitudes está aberto ata o día 22 de maio de 2026.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) conforme o anexo I.



