- O 28 de abril terá lugar a sétima sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, co título “Kiwi en Galicia: claves para emprender con éxito nun cultivo líder”.
- A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 28 de abril de 2026 terá lugar a xornada ‘Kiwi en Galicia: claves para emprender con éxito nun cultivo lider’, de 09.30 a 14.30 horas. Trataranse as particularidades de diferentes tipos de cultivo, xunto con tendencias de consumo, planificación produtiva ou fertilización ecolóxica, da man de profesionais do sector.
A sesión, que é gratuíta, terá lugar online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada
Higinio Mougán – Adjunto a la presidencia de AGACA
09:40 – Introdución á produción de kiwi como oportunidade de negocio en Galicia
Demetrio Bedriñana – Técnico de AGACA
10:00 – Aspectos técnico-agronómicos para o cultivo de kiwi
• Condicións agroclimáticas óptimas
• Selección de variedades (hayward, novas variedades, kiwi amarelo etc.)
• Deseño da plantación: marcos, estruturas, sistemas de condución
• Manexo do solo e fertilización
• Necesidades hídricas e rega
Elías Fernández – Consultor
12:00 – Descanso
12:20 – Calendario de labores
• Poda, polinización e frutificación
• Control de pragas e enfermidades
• Produción ecolóxica vs convencional
• Rendementos esperados e vida útil da plantación
Elías Fernández – Consultor
13:30 – Investimento e prazos
• Investimento inicial (plantación, estructuras, rega)
• Custos de mantemento
• Prazos de entrada en produción
• Rendibilidade estimada
• Axudas e subvencións dispoñibles (PAC, desenvolvemento rural etc.)
Elías Fernández – Consultor
14:00 – Comercialización e valor engadido
Elías Fernández – Consultor
14:20 – Conclusións, comentarios finais e peche da xornada
Carmen Rodríguez – Presidenta de AGACA
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantes e público en xeral.
Para más información puede llamar al 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



