- O 6 de abril comeza a terceira edición do curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que se pode seguir en liña. Conclúe o 17 de maio de 2026.
-
A inscrición pode realizarse nesta ligazón.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) continúa o seu labor formativo, a distancia e gratuíto, relacionado coa calidade alimentaria, a conservación do medio ambiente e a divulgación do papel do cooperativismo.
A terceira edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais” pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que é necesario inscribirse completando este formulario.
O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas desde o 6 de abril ata o 17 de maio de 2026.
PROGRAMA:
| Unidad | Denominación | Nº Horas | Módulos |
| I | Cooperativismo no sector primario | 10 horas | 1. As cooperativas |
| 2. Marco legal do cooperativismo | |||
| II | Certificacións de calidade | 40 horas | 3. ISO 9001 |
| 4. Certificacións en vacún de leite | |||
| 5. GLOBALG.A.P. | |||
| 6. BRC/IFS | |||
| 7. ISO 22000 | |||
| III | Certificaciones ambientales | 20 horas | 8. ISO 14000 (14063, 14067…) |
| 9. Análise de ciclo de vida | |||
| 10. Pegada de carbono | |||
| 11. Pegada hídrica |
Os obxectivos desta formación en modernización do sector agroalimentario móvense en dous ámbitos, xa que ademais dos módulos específicos en certificacións de calidade e ambientais, que mostran desde a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión destas acreditacións, busca dar a coñecer ás cooperativas como empresas de economía social, coas súas características básicas e diferenciadoras, e dar valor ás súas achegas sociais e económicas, ademais de contribuír ao fortalecemento destas entidades a través de estratexias que redunden na calidade.
Pode solicitar máis información a Demetrio Bedriñana: dbedrinana@agaca.coop.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




