- O 5 de marzo terá lugar a cuarta sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción de aguacate.
- A inscricción é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 5 de marzo de 2026 terá lugar a xornada ‘Produción de aguacate’, de 09:30 a 14:30 horas. Contarase con profesionais do sector, tanto do campo da investigación como dos da produción e a comercialización, que abarcarán desde manexo agronómico, rega e calidade ata modelos de comercialización cooperativa.
A sesión, que é gratuíta, celebrarase online, e é necesario inscribirse previamente neste formulario.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada
Higinio Mougán. Adjunto a la Presidencia de AGACA
10:00 – Problemas e desafíos do cultivo de aguacate
Jorge González. CSIC Málaga
11:00 – Manexo agronómico do cultivo de aguacate: Nutrición, poda e control do crecemento en condicións atlánticas
Paco Gil. Consultor especialista
11:50 – Descanso
12:00 – Rega eficiente e xestión de agua: estratexias avanzadas de rega en aguacate en Galicia
Javier José Cancela. Universidad de Santiago de Compostela
12:40 – Sanidade vexetal: pragas e enfermidades, diagnóstico temperán e estratexias preventivas
Pablo G. Porto. Universidade de Vigo
13:10 – Colleita, postcolleita e calidade orientada ao mercado: criterios de colleita e manexo poscolleita
Antonio Cal. Vivaz Plant
13:40 – Rentabilidad, cooperación y estrategia empresarial: modelos de comercialización y estrategia cooperativa
Fernando Veiga. Horsal S. Coop. Galega
14:10 – Preguntas y comentarios
Participantes y ponentes
14:20 – Conclusiones y cierre del programa
Higinio Mougán. Adjunto a la Presidencia de AGACA
14:30 – Fin de la jornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantado e público en xeral.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()




