— Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego

Información del curso

  • AGACA e Rede Eusumo
  • 26/02/2026
  • 26/02/2026
  • 5
  • presencial
  • O 26 de febreiro terá lugar a terceira sesión do ciclo 2026 Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á innovación, sustentabilidade e oportunidades que ofrecen os biofertilizantes e bioestimulantes.
  • A inscrición é gratuíta. Para inscribirse é necesario completar este formulario.

O 26 de febreiro de 2026 terá lugar a xornada Biofertilizantes e bioestimulantes: innovación e sostibilidade para o agro galego, de 09:30 a 14:30 horas. Contarase con profesionais do sector, tanto de investigación coma de comercialización destas substancias.

A sesión, que é gratuíta, celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.

Programa previsto

09:30 – Conexión e bienvida á persoas participantes
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA

10:00 – Como son e como actúan os biofertilizantes e bioestimulantes no agro 
Agustín Merino. Universidade de Santiago de Compostela

11:00 – Por que funcionan os bioestimulantes e biofertilizantes
Javier Caneda. Delagro

12:00 –  Descanso

12:15 – Aplicacións prácticas en sistemas produtivos galegos
Lucas G. Pastore. Yara Iberoan (SAU)

13:00 – Biofertilizantes e bioestimulantes como oportunidade de negocio
Luis Salido. Herogra

13:40 – Bioinsumos, economía circular e sostibilidade
Sergio Quiroga. Ecocelta Galicia

14:10 – Preguntas e comentarios
Participantes e relatores

14:25 –  Conclusións e peche do programa
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA

14:30 –  Fin da xornada

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas

As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantado e público en xeral.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

Rede Eusumo

  • Facebook
  • Twitter