— Axudas Programa II: Nova Oportunidade Autónomos. Ata 30/09/2026

Información da axuda

Activa

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

— ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 23, 04/02/2026). 

PROGRAMA II. NOVA OPORTUNIDADE AUTÓNOMOS

OBXECTO

A finalidade deste programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.

O código de procedemento é o TR790A

INCOMPATIBILIDADES

Esta axuda será incompatible con:

  • Programas de promoción do emprego autónomo que subvencionen a alta como persoa traballadora autónoma, cos programas do emprego en cooperativas e sociedades laborais (TR802G) (programa I APROL) exercicio 2026
  • Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (TR340E) exercicio 2026
  • Axudas á promoción do emprego autónomo (TR341D) exercicio 2025 e 2026
  • Programa EMEGA (SI429A) exercicio 2026
  • Promoción autoemprego para persoas galegas retornadas (PR937A) exercicios 2025 e 2026.
  • Se xa se foi beneficiaria con anterioridade desta axuda TR790A.

Serán compatibles co programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (TR802J) do programa Aprol-Economía social e co programa Re-Acciona (IGAPE).

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas que fosen autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender, e cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter causado alta no RETA entre o 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026, e atoparse de alta no momento da solicitude.
  • Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma.
  • Ter unha alta inicial no RETA, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde, excluídos os autónomos colaboradores.
  • Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos.
  • Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma e a anterior baixa.
  • Ter o domicilio fiscal e a actividade económica en Galicia, con anterioridade á nova alta como persoa traballadora autónoma.
  • Ter iniciado a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
  • Estar dado de baixa no imposto de actividades económicas da actividade precedente.

As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e, en todo caso, con data posterior ao 1 de outubro de 2025.

CONTÍA DAS AXUDAS

A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.

RÉXIME DE MINIMIS

A axuda concedida está suxeita ao réxime de minimis.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes irá dende o 11 de febreiro ata o 30 de setembro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter