— Axudas a iniciativas de emprendemento. Ata 02/03/2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón”web”.

— ORDEN do 16 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2026. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (DOG Nº 20, 30/01/2026). 

OBXECTIVO

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións de apoio ao emprendemento para as persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se atopen de alta e iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2026.

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva

O código de procedemento é o TR880A.

BENEFICIARIOS

-Persoas traballadoras autónomas
-Mutualistas
-Pequenas e medianas empresas. Inclúense comunidades de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica
-Cooperativas e sociedades laborais,

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

1. Serán subvencionables os investimentos que correspondan de xeito indubidable ao proxecto empresarial constituído ou dado de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciase a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2024:

1) Equipamento informático.
2) Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3) Investimentos en eficiencia enerxética.
4) Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5) Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
6) Gastos notariais e/ou rexistrais.
7) Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade.
8) A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos:
– Que os activos sexan adquiridos a unha persoa terceira non relacionada coa persoa compradora.
– Que conste unha declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria

INTENSIDAD DA AXUDA

O investimento total realizado deberá ser como mínimo de 5.000 € (IVE excluído).

A contía da axuda terá as seguintes porcentaxes de intensidade en función do rango de investimento total realizado:
a) Con investimentos de 5.000 € ou máis ata un límite de 20.000 €, a contía da axuda será do 55% do investimento.
b) Con investimentos de 20.001 € ou máis ata un límite de 30.000 €, a contía da axuda será do 50 % do investimento.
c) Con investimentos de 30.001 € ou máis ata un límite de 60.000 €, a contía da axuda será do 45 % do investimento.

RÉXIME DE MINIMIS

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis

CRITERIOS  DE VALORACIÓN

Os criterios de valoración serán os seguintes:

Criterio de valoración Aspectos para valorar Puntuación máximo 30 puntos)
1 Actividade económica do solicitante (deberán constar de alta no certificado de situación censual do solicitante na data  de publicación da convocatoria) Solicitantes de sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (só aqueles indicados no anexo II) 9/6/3
2 Poboación do municipio en que se realiza a actividade (datos de poboación segundo os últimos datos dispoñibles no Instituto Galego de Estatística (IGE) Menor ou igual a 2.000 habitantes 12
De 2.001 a 5.000 habitantes 9
De 5.001 a 10.000 habitantes 6
Entre 10.001 e 20.000 habitantes 3
Máis de 20.000 habitantes 0
3 Proxecto nun concello emprendedor (segundo o descrito na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia) O concello en que se realice a actividade deberá estar adherido á Iniciativa galega de concellos emprendedores promovida pola Administración autonómica 3
4 Implantación de medidas de igualdade e inclusión >50 % mulleres 3
>10 % persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social 3

Para o criterio 1, teránse en conta as puntuacións respecto das seguintes actividades:

Sector Sección División Grupo/epígrafe Puntuación (máximo 9 puntos)
Gandaría 1 0 011         –

071

9
Servizos agrícolas, gandeiros, forestais e pesqueiros

1

9 911         –

912

9

Servizos de saneamento, limpeza e contra incendios

1 9 921         –

922

9

Asistencia e servizos sociais 1

9

951         –

952

9

Agricultura, gandaría, caza, silvicultura e pesca

2

0

011         –

099

9

Educación e investigación

1

9

931         –

936

6
Outras industrias manufactureiras 1

4

411         –

495

6
Sanidade e servizos veterinarios

1

9 941         –

945

6
Servizos persoais 1 9 971         –

979

6
Enerxía, auga, minaría e química 2 1 111         –

199

6

Aeronáutica, telecomunicacións e mecánica prec. 2 2 211         –

299

6
Industrias manufactureiras 2 3 311         –

399

6
Construción (actividades profesionais) 2

4

411         –

499

6
Industrias transf. de metais, mec. de precisión 1 3 311         –

399

3
Construción 1 5 501         –

508

3
Comercio mixto, integrado 1

6

661         –

665

3

Resto de actividades 0

EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS

Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 1 de xullo de 2025 ata a data da presentación da solicitude.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende o 31 de xaneiro ata o 2 de marzo de 2026 ou esgotamento de presuposto

  • Facebook
  • Twitter