— Axudas á apicultura. Ata 02/03/2026

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón”web”.

— ORDE do 9 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2026. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 20, 30/01/2026). 

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os códigos de procedemento son o MR506A (solicitude individual de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas) e MR506B (solicitude de agrupacións de apicultores).

BENEFICIARIOS

a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, con exclusión das administracións ou entidades do sector público, sempre que:

– Leven realizando a actividade apícola con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano de presentación de solicitude de axuda.
– Sexan titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas (solicitudes a título individual) ou con máis de 50 (para realizar a transhumancia).
– Realicen alomenos un tratamento ao ano fronte á varroose.
– Dispoñan dun seguro de RC das colmeas.
– Cumpran coas previsións do RD 209/2022 de normas de ordenación de explotacións apícolas.
– Teñan realizada a declaración censual anual referida ao 31/12/25 antes do 01/12/26.

b) As agrupacións de apicultores/as, na medida en que os seus socios ou associados beneficiarios das axudas cumpran cos requisitos establecidos na letra a) anterior. A solicitude de axuda deberá incluir, como mínimo, 1.500 colmeas.

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no anexo I do Real decreto 906/2022, do 25 de outubro (Intervención Sectorial Apícola) e encamiñadas a acadar os obxectivos dos seguintes tipos de intervención:

Intervención 1. Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas, en particular mediante actividades de colaboración en redes, para apicultores/as e organizacións de apicultores/as.

A esta intervención só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria (ADS) e asociacións de apicultores/as, con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos recollidos no artigo 4 para seren beneficiarios/as, no sucesivo, agrupacións de apicultores/as (procedemento MR506B).

Acción 1.1. Contratación directa de técnicos e especialistas para información e asistencia: a axuda poderá ser ata o 90% do custo cun límite de 30.000 € por técnico. O importe máximo da axuda por agrupación non superará os 60.000 €

Acción 1.2. Organización, celebración e asistencia a cursos de formación e formación continuada: poderá subvencionarse ata o 60% cun máximo de 5.000 € por agrupación.

Acción 1.3. Medios de divulgación técnica: poderá subvencionarse o 90% cun máximo de 5.000 € por agrupación.

Acción 1.4. Contratación de persoal administrativo: Contratación de persoal administrativo para agrupacións de defensa sanitaria (ADS) apícola e agrupacións de apicultores/as. Poderá subvencionarse ata o 90%, cun máximo de 0,5 € por colmea e sen superar os 15.000 € por beneficiario.

Intervención 2. Investimentos en activos materiais e inmateriais, así como outras accións, incluídas as destinadas a:

Acción 2.1.1. Tratamentos contra varroose: máximo de 2.5 € por colmea e ata o 90% do custo co límite de 18.000 €.

Acción 2.1.2. Tratamentos contra varroose compatibles coa apicultura ecolóxica. Máximo 5 € por colmea, ata o 100% do custo e co límite de 18.000 €

Acción 2.1.3. Produtos para incrementar a vitalidade das colmeas en estados de risco. Poderá subvencionarse ata o 80% do custo co límite de 6 € por colmea.

Acción 2.1.4. Renovación e acondicionamento de cera. Poderá subvencionarse ata o 70% docusto, co límite de 5 € por colmea.

Acción 2.1.5. Adquisición de trampas, atraentes, equipos de protección individual e calquera outra medida aprobada pola autoridade competente para a captura, eliminación, disuasión e control de Vespa velutina e outras especies invasoras.

– No caso das trampas poderá subvencionarse ata o 100% do custo das trampas co límite de 5 € por trampa e 12 € polo atraente.

– No caso de EPI’s e medidas de control de especies invasoras, poderá subvencionarse o 70% co límite de 3 € por colmea.

Acción 2.1.8. Sistemas de xestión colectiva de residuos de medicamentos por parte de agrupacións de apicultores/as. Poderá subvencionarse ata o 80% do seu custo.

Acción 2.2.1. Estudos que inclúan exemplos prácticos do manexo e xestión nas explotacións apícolas. Ata o 70% do seu custo.

Acción 2.2.2. Gastos de investimento en equipamento que permita a adaptación a fenómenos climáticos adversos. Ata o 70% do seu custo.

Acción 2.3.1. Investimentos para a cría de raíñas. Ata o 70% co límite de 5 € por colmea.

cción 2.3.2. Adquisición de raíñas e enxames, de especies e subespecies non alóctonas. Ata o 70% co límite de 5 € por colmea.

Acción 2.4.1. Adquisición, conservación e mellora da maquinaria e dos equipos necesarios para a manipulación das colmeas. Ata o 80% do seu custo.

Intervención 2.5. Investimentos en activos tanxibles e intanxibles (útiles, equipos, sistemas de manexo, especies florais, software e equipos para a monitorización e xestión de explotación, seguro de RC, sistemas de protección e vixilacia, equipos de envasado e etiquetaxe. Poderá subvencionarse ata o 80% do seu custo.

Intervención 3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, na perda de abellas ou nas caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.

Inclúense contratación de servizos de análise e kits para a realización de análise. Poderá subvencionarse ata o 70% do seu custo.

Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas as accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar os consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas. Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización. Para estas accións poderá subvencionarse ata o 70% do seu custo.

Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos: gastos de certificación de normas de calidade de produtos apícolas por parte de agrupacións de apicultores, gastos de asesoría para xeración de marcas de calidade, auditorías e implantación de sistemas de calidade, auditorías de operadores, seguemento da cadea de calidade dos meles no mercado.

Poderá subvencionarse ata o 70% do seu custo.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Atendendo ás particularidades da produción apícola na nosa comunidade autónoma, seguirase a prioridade seguinte entre as axudas para as diferentes accións.
Os criterios obxectivos de outorgamento serán os establecidos mediante a seguinte valoración de puntos:
a) Dimensión das explotacións:
– De 16 a 1.500 colmeas: 3 puntos.
– De 1.501 a 10.000 colmeas: 4 puntos.
– 10.001 ou máis: 5 puntos.
b) Explotacións en titularidade compartida: 3 puntos
c) Pertenza da explotación á indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia ou explotación rexistrada no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia: 2
puntos
d) Pertenza da persoa solicitante a unha ASDG: 1 punto
e) Pertenza da persoa solicitante a unha cooperativa apícola ou ser unha cooperativa: 1 punto. No caso de que se trate dunha entidade asociativa prioritaria, conforme a Lei 13/2013, do 2 de agosto: 3 puntos.
f) Cumprir coa condición de titular de explotación profesional: 1 punto
g) Explotación apícola da persoa solicitante situada en zona desfavorecida: 2 puntos.
h) Solicitude presentada por unha agrupación de apicultores/as: 3 puntos.

EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS

Os gastos e os investimentos obxecto da axuda deberán realizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2025 e o 31 de xullo de 2026.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para a presentación de solicitudes irá dende o 31 de xaneiro ata o 2 de marzo de 2026.

  • Facebook
  • Twitter