Iniciamos 2026 con remuda na súa Dirección Xeral. Desde o 1 de xaneiro de 2026, Carlos Ares asume a dirección xeral da organización.
Carlos Ares é licenciado en Ciencias Empresariais e forma parte de AGACA desde o ano 1996, contando cunha ampla traxectoria profesional na entidade. É un profundo coñecedor do cooperativismo agroalimentario e, en especial, do sector lácteo galego.
O relevo prodúcese tras a etapa de Higinio Mougán, quen exerceu como director xerente dende a constitución de AGACA en 1988 ata decembro de 2025, desempeñando un papel clave no desenvolvemento e consolidación da organización.
A partir de 2026, Higinio Mougán deixa de formar parte do persoal de AGACA, pasando a desempeñar a función de adxunto á Presidencia e ao Consello Reitor. Deste xeito, a organización continuará contando co seu amplo coñecemento e experiencia no ámbito do cooperativismo e do sector agroalimentario, contribuíndo ao asesoramento estratéxico e á continuidade institucional.




