– Axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas. Ata o 30 de xaneiro de 2026.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

— ORDE do 28 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos investimentos para a elaboración e
comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 241, 15/12/2025

OBXECTO E FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas na intervención sectorial vitivinícola (ISV) no marco do Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante Decisión de execución do 31 de agosto de 2022, e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2026. O código de procedemento é MR361A. As axudas tramitaranse por concorrencia competitiva.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias da intervención de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos previstos no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas conforme o artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e as súas asociacións.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

d) As organizacións interprofesionais.

e) As organizacións profesionais.

Cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. Este requisito non se aplicará a cooperativas que comercializan viño elaborado por elas ou polos seus membros.

As solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os que se solicita a axuda.

OPERACIÓNS SUBVENCIONABLES

A axuda poderá consistir en operacións anuais, que afectarán ao exercicio financeiro seguinte ao exercicio financeiro en que se peche o prazo de presentación de solicitudes de axuda. Non será admisible a presentación de operacións que afecten orzamentariamente a dous exercicios financeiros, de maneira que as accións previstas deberán ser executadas, pagadas e xustificadas ante a Consellería do Medio Rural antes do 1 de maio de 2027.

O orzamento de investimento solicitado debe ser igual ou superior a 100.000 €.

A execución das operacións non poderá comezar antes da presentación da solicitude de axuda, salvo se se producen dentro do ano anterior á data de solicitude de axuda e que consistan en:

a) Honorarios técnicos, estudos de viabilidade económica, técnica, xeotectónica, de mercado,
avaliación de impacto ambiental e similares, a adquisición de patentes e licenzas, e os
permisos e seguros de construción

b) Provisión de materiais de construción e encargo ou compra de maquinaria mesmo a
subministración, pero non a montaxe, instalación e proba.

Serán subvencionables:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.
b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto. Dentro destes gastos quedan incluídos os investimentos en activos materiais consistentes en sistemas que xeren enerxía, sempre que a cantidade de enerxía anual xerada non supere a cantidade de enerxía consumida anualmente nas instalacións obxecto do investimento.
c) Gastos administrativos, sempre que en conxunto no superen o 4 % dos custos subvencionables totais da operación. Poderán incluir honorarios de arquitectura, enxeñaría e asesoría, estudos de viabilidade, gastos de preparación da operación ou custos de auditorías externas.
d) Adquisición ou desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

ÁMBITO TEMPORAL

O investimento deberá ser xustificado e pagado como máximo no exercicio Feaga 2027, salvo causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

Despois da finalización de cada operación ou actuación e segundo o seu calendario de execución e finalización, as persoas beneficiarias deberán xustificar e solicitar o pagamento da operación global de investimento ou da actuación correspondente. As solicitudes de pagamento presentaranse antes do 1 de maio de 2027.

CONTÍA DA AXUDA

A contía máxima da axuda virá determinada polo tamaño da empresa.

-Microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes): 40%

-Empresas non pemes con menos de 750 persoas empregadas ou volume de negocios inferior a 200.000.000 €: 20%

-Empresas non pemes con máis de 750 persoas empregadas ou volume de negocios superior a 200.000.000 €: 10%

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Os criterios de valoración refléxanse no Anexo III da convocatoria e inclúen criterios como entidades asociativas prioritarias, cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias, cumprimento da cadea alimentaria, certificacións ambientais, sistemas de pagamento da uva por calidade, produción ecolóxica, pertenza a DOP ou IXP, tamaño da empresa,…

Tamén se establece puntuación en función das operacións a realizar: eficiencia enerxética, uso de enerxías renovables, transformación total da produción, redución do desperdicio alimentario,…

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o 16 de decembro de 2025 e finaliza o 30 de xaneiro de 2026.

  • Facebook
  • Twitter