– Axudas á inversión de bens inventariables (A Coruña): PEL EMPRENDE INVEST

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumo da Subvención en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Subvención completa na ligazón “web”.

— Subvención á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ás inversións en bens inventariables (PEL-Emprende Invest/2026). BOP 216 (11/11/2025)

PERSOAS SOLICITANTES

As pequenas empresas, microempresas ou persoas autónomas con domicilio fiscal e un centro de traballo nun concello da provincia da Coruña con menos de 10 000 habitantes.

CONTÍA

Poderán percibir unha axuda de entre 2450 euros e 17 500 euros (Ata o 70 % dos investimentos).

O crédito inicial para o total das axudas é de 2 760 000 euros.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

  • Aplicacións informáticas
  • Maquinaria
  • Mobiliario
  • Equipos para procesos de información

CONCESIÓN DAS AXUDAS

Por concorrencia competitiva: valóranse e ordénanse as solicitudes segundo os criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras destas subvencións e concédense ata o esgotamento do crédito.

PAGO

Unha vez realizados os gastos e presentada a xustificación na plataforma SUBTeL.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN

O período subvencionable abranguerá dende o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026. O prazo para a xustificación dos gastos será ata o 31 de xaneiro de 2027.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de solicitudes vai dende o 15 de novembro (09:00) ao 16 de decembro de 2025 (14:00). 

  • Facebook
  • Twitter