RESUMEN ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo do Decreto en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultaro Decreto completo na ligazón “web”.
— DECRETO 96/2025, do 6 de outubro, polo que se regula a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade e o Rexistro de empresas e entidades do terceiro sector recoñecidas coa Certificación Galega de Excelencia en Igualdade. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. DOG Nº 209, 29/10/2025
OBXECTO E FINALIDADE
Este decreto permite desenvolver unha parte da Lei 7/2023 para a igualdade efectiva de mulleres e homes en Galicia, creando un distintivo que recoñeza ás empresas ou entidades do terceiro sector que destaquen na aplicación das políticas de igualdade. Ten por obxecto:
a) A regulación da concesión, utilización, renovación e perda da Certificación Galega de Excelencia en Igualdade, dos dereitos, facultades e obrigas derivados da súa obtención e do logotipo con que se representará.
b) ) A creación e regulación do Rexistro de empresas e entidades do terceiro sector recoñecidas coa Certificación Galega de Excelencia en Igualdade.
O procedemento para obter e renovar dita certificación terá o código TR357E.
CERTIFICACIÓN GALEGA DE EXCELENCIA EN IGUALDADE
A certificación representarase cun logotipo rexistrado como marca de propiedade da Xunta de Galicia. Terá unha vixencia inicial de 4 anos, renovable de formas sucesivas, por outros 4.
REQUISITOS E CRITERIOS DE IGUALDADE
Poderán solicitar a certificación para distinguir con ela os seus produtos e/ou servizos, as empresas e entidades do terceiro sector con domicilio social en Galicia ou con delegación sempre que teñan persoal contratado nela sempre que:
- Non teñan sancións en materia de igualdade de oportunidades e non discriminación.
- Conten cun plan de igualdade negociado e inscrito no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo.
- Teñan implantadas, alomenos un 25% das medidas recollidas no plan de
- Presenten un informe de seguemento e avaliación do plan de
- Acrediten a composición equilibrada de mulleres e homes no Consello de Administración.
- Ter contratado en Galicia como mínimo 6 persoas de media nos 6 meses anteriores á solicitude.
- Estar inscrita como empresa ou entidade do terceiro sector na Seguridade
- Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade
- Ter subscrito un compromiso explícito en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, organización e funcionamento interno da entidade e responsabilidade social.
- Cumprir que a política de imaxe, o uso de linguaxe e publicidade non sexista contribúan á eliminación e prevención de discriminación, que nas comunicacións tanto externas como internas se atenda ao principio de igualdade, que quen represente a comisión negociadora de seguemento do plan de igualdade teña formación no campo da igualdade, que se acredite ter implantadas medidas que garantan a aplicación de criterios igualitarios de retribución de mulleres e homes e que a prevención de riscos laborais se execute tendo en conta a perspectiva de xénero.
Ademáis estableceranse uns criterios de igualdade obxecto de valoración como:
- Procesos de selección e contratación baixo a perspectiva de xénero.
- Clasificacións profesionais que permitan eliminar e previr as situacións de discriminación.
- Plan de carreira que permita ás mulleres acceder a postos masculinizados e
- Ter contratada unha persoa experta para desenvolver actuacións de
- Disposición de certificacións de responsabilidade social empresarial (RSE)
- Dispor de medidas que amplíen o marco legal en materia de corresponsabilidade e conciliación.
- Dispor de medidas de organización do tempo de traballo que melloren o establecido no marco legal.
- Criterios de responsabilidade social en materia de igualdade de oportunidades na contratación de empresas provedoras.
- Colaboración con entidades educativas para avanzar nunha representación equilibrada entre mulleres e homes nas categorías da empresa ou entidade.
- Realizacón de actuacións de visibilizaicón e sensibilización.
- Inclusión no plan de igualdade de medidas como a protección da saúde, violencia de xénero, beneficios sociais,…
- Adecuada representación de mulleres e homes na totalidade dos grupos e categorías profesionais.
- Posta en marcha de accións formativas para promover o acceso a persoas do sexo menos representado a postos infrarrepresentados.
- Accións de sensibilización en materia de violencia no traballo, acoso sexual e por razón de sexo.
- Medidas de sensibilización para concienciar os homes sobre a corresponsabilidade na conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
DEREITOS E OBLIGACIÓNS DERIVADAS DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE EXCELENCIA EN IGUALDADE
Dereitos:
- Dereito ó uso do logotipo no tráfico comercial e con fins
- Difusión institucional por parte da consellería competente en materia de
- Valoración a efectos de adxudicar as subvencións cando así o establezan as correspondentes bases reguladoras.
- Valoración a efectos de desempate entre ofertas cando o establezan os pregos de contratación pública.
Obrigas:
- Promover activamente a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- O uso do logotipo deberá reproducirse con exactitude e asociado ao nome da empresa ou entidade don indicación do código de inscrición no rexistro e axustarse aos limites temporais da súa vixencia.
Poderase perder a certificación por:
- Transcurso do prazo de vixencia sen renovación do mesmo.
- Renuncia da entidade.
- Sanción firme, infracción grave ou moi grave en materia de igualdade e non discriminación ou en materia social.
- Por uso indebido.
- Incumprimento das condicións de igualdade.
- Se a administración detecta de xeito motivado a existencia de circunstancias incompatibles cos criterios de igualdade.
- No caso de non expirar a vixencia do plan de igualdade sen negociar, aprobar e inscribir un novo.
REXISTRO DE EMPRESAS
As empresa e entidades do terceiro sector recoñecidas coa Certificación Galega de Excelencia en Igualdade inscribiranse nun rexistro público autonómico único. Serán obxecto de inscrición:
- Datos da entidade: nome, CIF, CNAE, domicilio, teléfono, correo e datos do representante legal…
- O período de vixencia da certificación.
- A suspensión temporal no seu
- A perda do distintivo coa causa que a
A prohibición de solicitar a certificación coa indicación do prazo correspondente.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Facilitarase a adaptación dos consellos de administración ao requisito de composición equilibrada no período de 12 meses dende a publicación deste decreto (excepto para as sociedades obrigadas a presentar conta de perdas e ganancias non abreviada), para poder obter igualmente a certificación sempre que:
- Se acredite a presenza de mulleres e homes no consello de administración sempre que as persoas de cada sexo non sexa inferior ao 25%.
- Adquiran o compromiso da composición equilibrada no prazo de 12 meses.
No prazo de 3 meses dende a publicación deste decreto, aprobarase o contido da memoria xustificativa e documentación oportuna para acreditar o cumprimento das condicions esixidas, así como a puntuación mínima para a obtencion e renovación do distintivo.
ENTRADA EN VIGOR
Este decreto entra en vigor o 18 de novembro de 2025.
LOGOTIPO




