O Grupo Operativo Blood4Goods levará a cabo o vindeiro xoves 16 de outubro unha nova xornada divulgativa na que se darán a coñecer os avances do proxecto que promove a valorización dos residuos xerados polo sangue de vacún e porcino que permitirá incrementar a circularidade dos matadoiros.
O evento celebrarase online, de 12.00 a 14.00 horas, e a inscrición é de balde. Para asistir é necesario rexistrarse no seguinte formulario.
Baixo o título ‘Do subproduto ao recurso: economía circular na industria cárnica’ afondararse no obxectivo desta iniciativa que non é outro que promover un modelo de economía circular e sostible para a industria cárnica, obtendo proteínas de alto valor biolóxico mediante a valorización do sangue.
Durante a sesión intervevirán representantes das entidades participantes no proxecto:
-
Lucía Argiz, R&D and Sustainability Manager en Medrar Smart Solutions, abrirá a xornada e presentará as conclusións finais.
-
Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, explicará o estado actual e as actuacións previstas no proxecto Blood4Goods.
-
Sergio Martín, responsable de Calidade e Seguridade Alimentaria de ANICE, abordará o papel do proxecto na sostenibilidade do sector.
-
Antonio Moreno, investigador predoutoral do proxecto AGRORES, exporá unha estratexia circular basada na dixestión anaerobia para a produción de biofertilizantes.
-
Araceli Orozco, consultora en I+D+i e sostibilidade, ofrecerá unha valoración dos obxectivos do proxecto dende a perspectiva da innovación agroalimentaria.
O Grupo Operativo BLOOD4GOODS está conformado por entidades expertas nas áreas clave do proxecto e con experiencia neste tipo de convocatorias, procedentes de diversas rexións de España.
- MATADEROS INDUSTRIALES SOLER, S.A (PROLONGO)
- NOVAFRIGSA, S.A
- PROTEIN BIOTECH
- AINIA
- KERATIN
- HEROGRA
- AGACA
- AURORA INTELLIGENT NUTRITION
- MEDRAR SMART SOLUTIONS, S.L.
- ASOCIACIÓN NACIONAL DE INDUSTRIAS CÁRNICAS DE ESPAÑA (ANICE)
Este Grupo Operativo como organismo responsable do contido foi beneficiario de unha axuda para a preparación e execución de proxectos de innovación de interese xeral por grupos operativos supraautonómicos da Asociación Europea para a Innovación en materia de productividade e sostibilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC); cofinanciadas ao 80% polo FondoEuropeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER e ao 20% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
O montante total da axuda ascende a 599.959,81€ e o orzamento do proxecto a 599.959,81€.
![]()




