– Axudas a danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantiles polos incendios. Ata o 1 de outubro de 2025.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da RESOLUCIÓN en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a RESOLUCIÓN completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios forestais que afectaron Galicia durante o verán de 2025, e se efectúa a súa convocatoria. Instituto Galego de Promoción Económica. DOG 166 (30/08/2025)

OBXECTO

Aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape para sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025.
A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.
Código de procedemento: IG100A

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas físicas ou xurídicas titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados dos incendios ou da súa extinción.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

Danos ocasionados nas edificacións, instalacións, maquinaria e mercadorías depositadas nos establecementos, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

Non serán obxecto destas axudas os danos producidos en explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais nin as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, agás aquelas instalacións de xeración de enerxía eléctrica incluídas no propio establecemento.

CONTÍA DA AXUDA

A porcentaxe de axuda será do 100 % do importe dos danos causados polos incendios conforme a valoración levada a cabo no informe de taxación de danos, cos seguintes límites:

a) 600.000,00 euros por persoa beneficiaria. Excepcionalmente, este importe poderá incrementarse ata o límite de 1.500.000,00 euros, atendendo aos danos sufridos e ao seu impacto socioeconómico na actividade afectada e, en especial, á posible repercusión no mantemento do emprego.
b) A suma da axuda concedida, xunto con outras axudas e/ou indemnizacións que aproben outras administracións públicas ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, para a mesma actuación, non poderá exceder o 100 % do importe dos danos causados polos incendios conforme a valoración do informe de taxación de danos.

PRAZO DE SOLICITUDE

Dende o 1 de setembro de 2025 ata o 1 de outubro de 2025.

  • Facebook
  • Twitter