RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da ORDE en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a ORDE completa na ligazón “web”.
— ORDE do 29 de agosto de 2025 pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento dos impostos aplicados pola Axencia Tributaria de Galicia. Consellería de Facenda e Administración Pública. DOG 166 (30/08/2025)
OBXECTO
Esta orde ten por obxecto flexibilizar os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e o pagamento dos impostos aplicados pola Axencia Tributaria de Galicia.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Suxeitos pasivos dos impostos aplicados pola Atriga que teñan o seu domicilio fiscal nos concellos afectados polos incendios, ou tivesen un establecemento comercial, industrial, turístico e/ou mercantil ou instalacións e/ou explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras radicados neles.
GASTOS SUBVENCIONABLES
No ámbito dos impostos aplicados pola Axencia Tributaria de Galicia, os prazos relativos ás obrigas tributarias consistentes na presentación de declaracións, autoliquidacións e documentación complementaria, o ingreso da débeda tributaria autoliquidada e a presentación de solicitudes de prórroga para a presentación de autoliquidacións e documentación do imposto sobre sucesións, que non estivesen vencidos na data de inicio dos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025 que provocaron a activación do Peifoga (Plan Especial de Protección Civil antes Emerxencias por Incendios Forestais en Galicia) en situación 2, de acordo cos datos facilitados pola Axega (Axencia Galega de Emerxencias), amplíanse ata o 30 de setembro de 2025.
No caso de que xa tivesen cumpridas as obrigas de xeito extemporáneo a día 30 de agosto de 2025, poderán presentar a solicitude de aplicación da ampliación ata o 30 de setembro de 2025.



