– Axudas do Programa Empresa Cibersegura 2025. Ata o 15 de outubro de 2025.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da RESOLUCIÓN en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a RESOLUCIÓN completa na ligazón “web”.

— RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, programa Empresa Cibersegura 2025, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva. IGAPE. DOG 155 (14/08/2025)

OBXECTO

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, mediante a adopción de medidas de ciberseguridade que lles permitan reforzar a protección dos seus activos críticos, reducir o risco de incidentes e mellorar a súa capacidade de prevención, detección e resposta ante ameazas no contorno dixital.

As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia non competitiva baixo o código de procedemento IG408O.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Empresariado individual e persoas xurídicas que teñan a condición de empresa, con independencia do seu tamaño, con domicilio social ou centro de traballo onde se desenvolva a actuación subvencionada en Galicia.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Poderán ser obxecto da intervención os seguintes servizos:

a) Diagnóstico inicial de ciberseguridade:

Realización de auditorías técnicas orientadas á avaliación da madurez dixital e dos riscos de ciberseguridade da empresa beneficiaria, así como a elaboración dun informe técnico con recomendacións e propostas de mellora.

b) Prestación de itinerarios técnicos en modelo de servizo (12 meses):

• Cloudificación IaaS (Infrastructure as a Service): actuacións orientadas á migración segura a contornos cloud, incluíndo a xestión do acceso a datos, a continuidade operativa, as copias de seguridade e o control de riscos asociados.
• Securización ITaaS (Information Technology as a Service): implantación e operación de solucións de seguridade TIC, como sistemas de detección e resposta ante incidentes (SOC, EDR, MDR ou equivalentes), monitorización e xestión de alertas.
• Securización OtaaS (Operational Technology as a Service): despregamento de solucións de seguridade en contornos industriais, incluíndo redes OT, sistemas SCADA ou PLC, e ferramentas de visibilidade de activos e monitorización de tráfico en tempo real.

c) Actuacións complementarias de prestación única:

• Hacking ético: test de intrusión, análise de vulnerabilidades e informes técnicos asociados.
• Concienciación e cultura en ciberseguridade: programas para a creación dunha cultura empresarial en materia de ciberseguridade e campañas de sensibilización e concienciación (incluíndo simulacións de phishing).
• Gobernanza e políticas de ciberseguridade: asistencia técnica na implantación ou revisión de SGSI, adaptación ao ENS ou á Directiva NIS2, e elaboración de políticas e procedementos internos.
• CISO as a Service (CISOaaS): asistencia técnica especializada para o acompañamento estratéxico continuo en materia de ciberseguridade. Inclúe a definición e execución da folla de ruta en seguridade, apoio á dirección na toma de decisións, supervisión da implantación de medidas técnicas e organizativas, cumprimento normativo e coordinación cos provedores tecnolóxicos e responsables internos.

O importe do gasto subvencionable será como mínimo de 18.000 €.

Os servizos subvencionables deben ser executados por entidades provedoras homologadas polo IGAPE.

CONTÍA DA AXUDA

A axuda será do 75% do gasto subvencionable cun máximo de 30.000 €.

A axuda farase efectiva mediante pagamento directo polo Igape á entidade provedora unha vez validada a xustificación da actuación. A empresa beneficiaria non percibirá directamente fondos públicos nin deberá adiantar o custo total da actuación. Unicamente deberá aboarlle á entidade provedora o 25 % da base impoñible máis o IVE correspondente.

PRAZO DE EXECUCIÓN

O prazo de execución dos gastos subvencionables non poderá superar o 30 de novembro de 2026.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria comeza tras a publicación no DOG da resolución de homologación de entidades provedoras e rematará o día 15 de novembro de 2025.

ORZAMENTO

PARTIDA ORZAMENTARIA ANO 2025 Ano 2026 Total
09.A1.741A.7700 350.000 € 1.150.000 € 1.500.000 €

MINIMIS

As axudas financeiras que se concedan ao abeiro destas bases terán a consideración de axuda de minimis.

  • Facebook
  • Twitter