– Axudas para promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países. Ata o 12 de setembro de 2025.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Puede consultar/descargar este resumo da ORDE en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a ORDE completa na ligazón “web”.

— ORDE do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2026. Consellería do Medio Rural. DOG 153 (12/08/2025)

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2026. O código de procedemento é o MR440D.

PERSOAS BENEFICIARIAS

– Empresas vinícolas nas que no último exercicio fiscal, máis do 50% da súa facturación proveña de produtos destinados ao consumo directo, ou cuxa produción supere os 500hl deses produtos.
– Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas.
– Organizacións interprofesionais.
– Organizacións profesionais que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e teñan nos seus fins estatutarios a realización de promoción.
– Órganos de xestión e representación das DOP e IXP vitivinícolas e as súas asociacións.
– Asociacións temporais ou permanentes de produtores con fins de promoción e comercialización do viño.
– Cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
– Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola con actividades de promoción exterior dos viños.

PRODUTOS E PAÍSES ADMISIBLES 

Poderán ser obxecto da intervención de promoción os produtos destinados ao consumo directo: viño, viño de licor, viño espumoso, viño espumoso aromático de calidade, viño de agulla, viño de agulla gasificado, viño de uvas pasificadas, viño de uvas sobremaduradas, viños ecolóxicos, viños desalcolizados e viños parcialmente desalcolizados.

Deben pertencer a algúns dos seguintes grupos:

a) Viños amparados por unha denominación de orixe protexida (DOP).
b) Viños amparados por unha indicación xeográfica protexida (IXP).
c) Viños en que se indique a variedade ou variedades de uva de vinificación.

Os programas destinados a consolidar as saídas comerciais referiranse unicamente aos viños con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida.
Consideraranse elixibles para realizar a promoción todos os países terceiros.

CARACTERÍSTICAS DOS PROGRAMAS

Os programas levaranse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
A duración máxima da axuda por mercado dun terceiro país será dun ano.
A duración das accións e subaccións de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países, destinadas a consolidar as saídas comerciais no caso dos viños con DOP ou IXP, axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 2021/2115, do Parlamento Europeo e do Consello, e demais normativa reguladora para o efecto.

CUSTES SUBVENCIONABLES

– Gastos administrativos: límite 4% gasto total subvencionable.
– Gastos de persoal: límite 20% gasto total subvencionable.
– Aloxamento, manutención e comidas colectivas.
– Viño empregado nas subaccións de promoción (catas, misións inversas,…)
– Gastos de promoción e merchandising: límite 30% gasto total subvencionable.
– Oficinas de información, gabinetes prensa. límite 50% gasto total subvencionable.

Accións Subaccións
a) Accións de promoción, publicidade ou relacións públicas que destaquen en particular as normas rigorosas dos produtos da Unión Europea, sobre todo en termos de calidade, seguridade alimentaria ou ambiente. Misións comerciais.Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.).Promocións en puntos de venda.Portais web para promoción exterior, redes sociais.Misións inversas.Oficinas de información.Gabinete de prensa.Presentacións de produto, catas.
b) Participación en actos, feiras ou exposicións de importancia internacional. Feiras e exposicións internacionais, etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de público en xeral.Catas.
c) Campañas de información, en particular sobre os réximes de calidade da Unión en relación coas denominacións de orixe, as indicacións xeográficas e a produción ecolóxica. Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores.Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.
d) Estudos de novos mercados ou de mercados existentes, necesarios para a busca e consolidación de novas saídas comerciais. Estudos e informes de mercado novos ou existentes, que inclúan por exemplo paneis e probas preliminares antes de lanzar novos produtos en novos terceiros países ou novos mercados de terceiros países ou en mercados existentes.
e) Estudos para avaliar os resultados dos programas de promoción e información. Estudos de avaliación de resultados das intervencións sectoriais de promoción.
f) Preparación de expedientes técnicos, incluídas probas de laboratorio e avaliacións, relativas a prácticas enolóxicas, normas fitosanitarias e hixiénicas, así como requisitos de terceiros países respecto á importación de produtos do sector vinícola, para posibilitar o acceso aos mercados de terceiros países ou evitar que se restrinxa o dito acceso. Preparación de expedientes técnicos relativos a probas enolóxicas.Preparación de expedientes relativos a normas fitosanitarias e hixiénicas.Preparación de expedientes técnicos sobre requisitos de terceiros países respecto á importación do sector vinícola para posibilitar o acceso aos mercados de terceiros países ou evitar que se restrinxa o dito acceso.Probas de laboratorio e avaliacións.

CRITERIOS DE VALORACIÓN DOS PROXECTOS

Criterios de priorización Puntuación
1º. Programas presentados por novos beneficiarios.* 25 puntos
2º. Programas que teñan como obxectivo novos países ou mercados dun terceiro país.** 25 puntos
3º. Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, indicacións xeográficas protexidas e ecolóxicos que indiquen a variedade. 25 puntos
4º. Tipo de solicitante: 15 puntos (máximo)
4.1. O solicitante é unha cooperativa ou outra entidade asociativa agroalimentarias (SATs, sociedades mercantís en que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SATs). 15 puntos
4.2. O solicitante é un órgano de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións. 10 puntos
4.3. O solicitante non está incluído nos tipos 4.1 ou 4.2, e é elaborador dos produtos comercializados. 5 puntos
5º. Características do programa de promoción: 10 puntos (máximo)
5.1. Programas cun número medio de subaccións por país igual ou superior a 4. 10 puntos
5.2. Programas cun número medio de subaccións por país igual ou superior a 2 e inferior a 4. 5 puntos
Valoración total 100 puntos

CONTÍA DA AXUDA

A axuda financeira da Unión para as accións de promoción e comunicación non superará o 50% dos gastos subvencionables. A contía máxima de axuda solicitada por empresa vinícola non poderá superar o 5% do orzamento total destinado á intervención de promoción.

O beneficiario poderá presentar á Consellería do Medio Rural unha solicitude de anticipo con aval, que poderá acadar o 50 % do importe da contribución anual da Unión Europea.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria comeza o 13 de agosto de 2025 ata o día 12 de setembro de 2025.

ORZAMENTO

FONDO CONCEPTO PROXECTO ANUALIDADE 2026 ANUALIDADE 2027 TOTAL
FEAGA 713-D.770.0 201100766 1.400.000,00 € 300.000,00 € 1.700.000,00 €
  • Facebook
  • Twitter