– Axudas para o fomento do emprendemento feminino en Galicia 2025. Programa Emega. Ata o 14 de agosto de 2025.

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO POR AGACA

Pode consultar/descargar este resumo da ORDE en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

— ORDE do 9 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia,cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FES+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. Consellería de Política Social e Igualdade. DOG nº 133 (14/07/2025)

OBXECTIVO

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia e proceder á súa convocatoria no ano 2025 (código de procedemento SI429A).

Son axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial.

O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Empresas privadas (microempresa ou pequena empresa) formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 30/09/2024 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes.

A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens, entidades sen personalidade xurídica ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais, as cooperativas de traballo asociado e as sociedades profesionais.

As beneficiarias das axudas do programa Emega teñen a obriga de realizar a actividade empresarial e manter os postos de traballo tidos en conta para a concesión da subvención durante un período mínimo de 18 meses.

MODALIDADES

a) Emega Emerxe: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

– O inicio da actividade ten que producirse entre o 30/09/2024 e o prazo de presentación de solicitudes.
– Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
– As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas.
– A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse entre o 30/09/2024 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
– Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data de efectos da alta.

Contías:

10.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora
16.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido
20.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido
22.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido

b) Emega Impulsa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa.

– No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes, debe acreditarse un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial.
– Os proxectos de reactivación e consolidación ou de mellora deberán recollerse no plan de negocio empresarial: cambio de localización, renovación de instalacións, renovación equipamento informático, compra de maquinaria, implantación de novas tecnoloxías.
– Manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou por conta allea preexistentes.
– A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traballo creados como consecuencia do proxecto de reactivación ou mellora, deberá formalizarse no prazo comprendido desde o 30/09/2024 e ata, como máximo, a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

Contías:

8.000 euros ás empresas que manteñan o posto de traballo da promotora..
12.000 euros ás empresas con dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido
14.000 euros ás empresas con tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido
17.000 euros ás empresas con catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido

c) Emega Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica.

– O inicio da actividade económica ten que producirse entre o 30/09/2024 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes.
– A actividade, proceso, produto ou servizo debe ter un claro carácter innovador.
– Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
– As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas.
– A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse entre o 30/09/2024 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
– Algunha das promotoras debe ser unha persoa con titulación universitaria en calquera das áreas de coñecemento en que se basea a iniciativa empresarial.
– Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data de efectos da alta.

Contías:

18.000 euros ás empresas que manteñan o posto de traballo da promotora..
27.000 euros ás empresas con dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido
32.000 euros ás empresas con tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido
42.000 euros ás empresas con catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido

d) Emega Concilia: axuda complementaria das modalidades anteriores para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

– Concilia-promotoras consiste nun incentivo de 3.000 euros por empresa, sempre que forme parte dela algunha promotora con filla/s ou fillo/s que na data de finalización do prazo de xustificación da axuda sexan menores de tres anos.
– Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo, por importe máximo de 5.000 euros por empresa, para formalización dun acordo de conciliación para todo o cadro de persoal da empresa, ou para empresas que asinen acordos individuais de teletraballo (1.000 € por persoa traballadora por conta allea cun máximo de 5.000 €)

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Criterio e valoración                                                     
Emprego feminino xerado:

1 posto: 10 puntos
2 postos: 20 puntos
3 postos: 30 puntos
4 ou máis postos: 40 puntos

Pertenza a sectores masculinizados : 10 puntos

Integración laboral: mulleres maiores de 55 anos, mulleres con discapacidade, víctimas de violencia de xénero, desempregadas de longa duración: 2 puntos por cada unha destas situacións cun máximo de 10 puntos.

Actividade dedicada á prestación de servizos de conciliación: Ata 10 puntos en función da poboación do concello onde se desenvolva a actividade.

Localización da actividade empresarial: Ata 15 puntos den función da poboación do concello onde se desenvolva a actividade.

Emega Innova: 15 puntos

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar a solicitude vai dende o 15 de xullo ao 14 de agosto de 2025.

RÉXIME DE MÍNIMIS

As axudas establecidas nesta orde quedan sometidas ao réxime de minimis.

  • Facebook
  • Twitter