• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Destacadas

Carmen Rodríguez, reelixida presidenta de AGACA

A XXXVII Asamblea Xeral Ordinaria tamén acordou a incorporación de Ana María Freire como vicepresidenta

11 de Xullo de 2025
in Destacadas, Novidades
Carmen Rodríguez, reelixida presidenta de AGACA
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrou esta mañá no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago a 37 edición da súa Asemblea Xeral Ordinaria. A sesión reuniu representantes das cooperativas socias para facer balance do exercicio anterior, aprobar a planificación de 2025 e renovar os órganos de goberno da entidade.

Un dos acordos centrais foi a reelección de Carmen Rodríguez Rodríguez como presidenta da Asociación. Vicepresidenta da cooperativa Clun, Rodríguez continuará á fronte de AGACA durante os próximos catro anos, nun contexto marcado por retos relevantes para o cooperativismo galego e para o conxunto do sector agroalimentario.

A participación foi numerosa nos debates e votacións, tanto de forma presencial como on line. Estiveron representadas cooperativas que aglutinan máis do 80% da facturación e da base social das cooperativas socias.

Durante a Asemblea, aprobáronse as contas anuais, o informe de xestión e a aplicación de resultados do exercicio 2024. Tamén se presentaron a Memoria Anual de Actividades, o Plan de Actuación e os orzamentos para 2025.

As cooperativas integradas en AGACA suman máis de 28 000 persoas socias e dan emprego directo a preto de 6000 traballadoras e traballadores, sen contar o emprego inducido. A facturación conxunta, incluídas as sociedades participadas polas cooperativas socias, achégase aos 2330 millóns de euros.

Carmen Rodríguez renova mandato

A renovación de parte do Consello Reitor, a proposta das Xuntas Sectoriais, supuxo a continuidade de Carmen Rodríguez Rodríguez como presidenta da Asociación, cargo que ocupa desde 2021. É a primeira muller que encadea dous mandatos consecutivos á fronte de AGACA desde a súa constitución en 1988. Compaxinará o cargo coa vicepresidencia da cooperativa Clun.

Nesta nova etapa estará acompañada na vicepresidencia por Ana María Freire Fernández, representante da cooperativa Aira.

A reelección de Carmen Rodríguez e a elección de Ana María Freire como presidenta e vicepresidenta exemplifica o compromiso de AGACA coa promoción da igualdade e unha maior presenza feminina nos órganos de goberno das cooperativas. A Asociación traballa desde hai anos moi activamente para impulsar unha representación máis diversa e inclusiva, recoñecendo o liderado feminino como un valor clave para unha gobernanza cooperativa moderna, profesional e plural.

A Asemblea deu lugar tamén a renovación parcial do Consello Reitor, que será responsable da orientación estratéxica da Asociación durante o vindeiros catro anos. O novo equipo integrará representantes de cooperativas líderes como Clun, Aira, Coren, Viña Costeira, Horsal, Vitivinícola Arousana e Proterga, reflectindo a diversidade produtiva e territorial do sector.

Na súa intervención, a presidenta agradeceu de novo a confianza das cooperativas e  subliñou a necesidade de contar cun novo marco normativo e institucional á altura da evolución do sector. Referiuse á futura Lei de Cooperativas de Galicia como unha oportunidade para adaptar a norma á realidade actual, e expresou a total disposición de AGACA para colaborar nun proceso construtivo coas administracións e coas propias cooperativas.

Tamén sinalou a importancia de modernizar o Rexistro de Cooperativas, os órganos de participación institucional e actualizar o réxime fiscal das cooperativas, vixente desde 1990. Apelou, ademais, a favorecer a incorporación de nova man de obra aos sectores cooperativos e a continuar apoiando o crecemento e intercooperación a través de programas públicos de consolidación empresarial. Entre os retos desta nova etapa destacou que “a nosa responsabilidade é seguir impulsando un modelo sostible, xusto e con futuro para as persoas socias e para o rural, por iso debemos reforzar a remuda xeneracional, a igualdade e a innovación”, engadiu.

Un cooperativismo en transición e con visión de futuro

Durante 2024, AGACA mantivo o seu compromiso co acompañamento técnico, a formación e a representación das cooperativas. Continuou colaborando en proxectos como Leadfarm 5.0, Women Empowerment in Agricultural Cooperatives, ES-Factory a rede e aceleradoras de Economía Social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e Norte de Portugal, o grupo operativo Blood4Goods ou Climalact.

A través do servizo de atención á base social, impartíronse máis de 50 accións formativas con máis de 1200 persoas participantes, e prestouse apoio técnico en áreas como gobernanza, benestar animal, xestión da auga, transición enerxética, fiscalidade, comunicación ou igualdade.

No plano institucional, AGACA participou activamente nos espazos de diálogo coa Xunta de Galicia e con entidades como Cooperativas Agro-alimentarias de España, ForoESGal ou CEPES. A Asociación está a implicarse tamén na elaboración da nova Lei de Cooperativas de Galicia e realizou seguimento doutros procesos lexislativos clave como o Estatuto da Muller Rural, a Lei de Agricultura Familiar ou a reforma da Cadea Alimentaria.

Desde a óptica económica, ademais de salientar o impacto da inflación e o contexto de incerteza no sector agroalimentario, alertouse sobre a perda de peso da produción galega na distribución da PAC. Galicia representa o 9,7 % da poboación activa do sector, pero só recibe o 6,5 % dos fondos. Subliñouse a necesidade de políticas diferenciadas que recoñezan o valor engadido do modelo cooperativo.

Clausura institucional

A xornada pechouse cun acto institucional no que interveu o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González Vázquez. Tamén tomaron parte o presidente de Cooperativas Agro-alimentarias de España, Ángel Villafranca, o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, e o presidente do Foro pola Economía Social (ForoESGal), Mino Martínez. Puxeron sobre a mesa o papel clave do cooperativismo e do sector agroalimentario como motores económicos e sociais no rural galego e a súa capacidade para xerar emprego de calidade, fixar poboación e contribuír á cohesión territorial.

 

CONSELLO REITOR 2025-2029

 

Presidencia

 

Dna. Carmen Rodríguez Rodríguez

 

Cooperativa Clun

Vicepresidencia Dna. Ana María Freire Fernández Cooperativa Aira
Secretaría D. José Luis Rey Rodríguez Cooperativa Coren
Tesourería D. Javier Iglesias Sendín Cooperativa Viña Costeira
Vogal D. Rafael Tejeda Vázquez Cooperativa Proterga
Vogal D. Alberto Amil Chaves Cooperativa Horsal
Vogal D. Carlos Carrión Álvarez Vitivinícola Arousana – Paco y Lola

 

XUNTAS SECTORIAIS 2025-2029

1.- Xunta sectorial de Abastecementos e Servizos

Representante: Dna. Ana María Freire Fernández (Aira)

 

2.- Xunta sectorial de Gandería Intensiva. Avicultura, Porcino e Coellos

Representante: D. José Luis Rey Rodríguez (Coren)

 

3.- Xunta sectorial de Vacún de Carne, Ovino, Caprino e outras carnes

Representante: D. Rafael Tejeda Vázquez (Proterga)

 

4.- Xunta sectorial de Froitas e Hortalizas

Representante: D. Alberto Amil Chaves (Horsal)

 

5.- Xunta sectorial de Leite- Derivados Lácteos

Representante: Dna. Carmen Rodríguez Rodríguez (Clun)

 

6.- Xunta sectorial de Viño – Interior

Representante: D. Javier Iglesias Sendín (Viña Costeira)

 

7.- Xunta sectorial de Viño – Costa

Representante: D. Carlos Carrión Álvarez (Vitivinícola Arousana – Paco y Lola)

Tags: Igualdade
  • Facebook
  • Twitter
Tweets by CoopsAGACA

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}