RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumen da Orde NA “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.
— ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C). DOG 95 (20/05/2025).
OBXECTIVO
O obxectivo é subvencionar a contratación por conta allea que realicen as empresas e persoas empregadoras para facilitarlles a mozas e mozos menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos, a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: programa de prácticas para menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, ou tamén posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas.
b) Liña 2: programa de formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán levar a cabo con persoas que carezan da cualificación profesional.
PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS
Persoas empregadoras e as empresas, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
GASTOS SUBVENCIONABLES
As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional ou contratos de formación en alternancia. Os contratos terán unha duración mínima de doce (12) meses e deberán ser a xornada completa.
A contratación farase con menores de 30 anos, en situación de desemprego, que non teñan unha experiencia profesional superior a 365 días no grupo de cotización no que van ser contratadas.
O contrato de traballo para a obtención de práctica profesional deberá concertarse dentro dos tres (3) anos, ou dos cinco (5) anos se se formaliza cunha persoa con discapacidade, seguintes á terminación dos correspondentes estudos. Non se poderá subscribir con quen xa obtivese experiencia profesional ou realizase actividade formativa na mesma actividade dentro da empresa por un tempo superior a tres (3) meses, non computando os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo.
Existe obriga de mantemento do emprego no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada durante un período mínimo de doce (12) meses.
CONTÍA DAS AXUDAS
As contías máximas do incentivo á contratación por doce (12) meses a xornada completa que se concederán con carácter xeral serán as seguintes:
a) Contratación nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.
b) Contratación nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 €.
c) Contratación nos grupos de cotización 8 a 11: 9.975 €.
O salario que percibirán as persoas mozas contratadas será aquel que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación requirida para o posto incentivado.
Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 27 de maio de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.
PERÍODO SUBVENCIONABLE
O período durante o cal se teñen que realizar os contratos formativos para seren subvencionables será desde o 16 de outubro de 2024 ata o 15 de outubro de 2025. No caso de novas contratacións, o período máximo para realizalas rematará aos vinte e cinco (25) días hábiles seguintes ao da recepción da notificación da concesión da axuda e, en todo caso, o 15 de outubro de 2025.
O número máximo de contratos subvencionables establécese en tres (3).



