RESUMO ELABORADO POR AGACA
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF en galego) e consultar a Resolución completa na ligazón “web”.
RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2025), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622A). DOG 93 (16/05/2025)
OBXECTIVO
El objecto de estas ayudas es apoyar e incentivar acciones de promoción exterior que mejoren la competitividad de las empresas gallegas y refuercen su presencia en los mercados internacionales.
PERSOAS E ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Cumprir coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
b) Ter algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e contar no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable a Startups con certificación de Enisa en vigor e aquelas empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.
c) Estar dada de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013.
d) Estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
e) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Custos directos: determinados en base ao seu custo real.
a) Promoción.
1º. Gastos asociados á participación en feiras de carácter internacional: billetes de avión, tren,… taxas e seguros de viaxe, alugueiro de vehículos, aloxamento, elaboración de axendas, alugueiro de espazos e/ou stand, transporte de mostras.
2º. Gastos por participación en feiras ou outros eventos expositivos virtuais: alugueiro de stand virtual, intérpretes,…
3º. Misións comerciais inversas: billetes de avión, tren,… taxas, desprazamentos en Galicia, aloxamento, asistencia na elaboración de axendas, alugueiro de espazos, intérpretes.
b) Márketing e comunicación internacional
Campañas de publicidade en medios de comunicación impresos ou dixitais sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro. Gastos de elaboración e tamén insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e/ou en páxinas web de importadores/distribuidores do estranxeiro.
c) Prospección en mercados internacionais.
Servizos de consultoría para descubrir novos mercados internacionais, accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro, alugueiro de locais ou espazos expositivos en mercados internacionais.
d) Operatividade da internacionalización.
Xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro; traducción de documentación e taxas inherentes.
e) Dixitalización para a internacionalización.
Creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes.
Creación e adaptación de catálogos en liña para o márketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Solucións de inbound márketing internacional.
Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI).
Custos indirectos: son aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada. (7% dos costes directos)
CUANTÍA DAS AXUDAS
A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados no punto 2. Ademais, engádese a subvención do 100% dos custos indirectos do proxecto, entendéndose estes como a contía correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables incluídos.
O importe máximo da axuda será de 150.000 € custos indirectos incluídos.
O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos será de 3.500 € (IVE excluído)
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación comezará o 23 de maio e rematará o 30 de setembro de 2025, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
PERÍODO SUBVENCIONABLE
O prazo de execución comezará o 1 de xaneiro de 2025.
Excepcionalmente, serán considerados subvencionables os gastos relacionados coas reservas de espazos, viaxes e aloxamentos realizados antes do inicio do período de execución ordinario, sempre que a solicitude inclúa accións de participación como expositor en ditas feiras ou eventos expositivos internacionais, e se xustifique que estes gastos son imprescindibles para garantir a participación na actividade prevista.
O proxecto obxecto da axuda non poderá estar completamente executado (data da última factura) no momento de presentar a solicitude.
Este prazo finalizará na data indicada na resolución de concesión, sen exceder nunca de:
• O 30 de novembro de 2025, para solicitudes con accións previstas ata esa data.
• O 31 de xaneiro de 2026, para solicitudes con accións previstas ata ese momento.



