- O 27 de maio comeza o obradoiro online “Emprendemento cooperativo no medio rural”, que consta de 5 sesións temáticas.
- A asistencia é gratuíta pero cómpre inscribirse mediante este formulario .
AGACA imparte durante maio e xuño as 5 sesións do obradoiro “Emprendemento cooperativo no medio rural”, para definir os aspectos xerais e elementos necesarios para emprender un proxecto cooperativo no medio rural.
Mediante as diferentes sesións temáticas axudarase a comprender o concepto de empresa cooperativa, así como aspectos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento no medio rural e mesmo doce sectores que poden supoñer oportunidades de negocio.
Neste senso, dará a coñecer apoios que poden prestar as cooperativas á xuventude con proxectos de emprendemento, valorando o asociacionismo como fonte de dinamización social e medio de sumar esforzos e o compartir ideais, así coma o papel da persoa emprendedora como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
Programa
Martes, 27 de maio. 9:30 h-14:30 h – Por que emprender? A importancia da motivación por emprender: importancia social e económica do emprendedor.
RELATOR: Dª. Loli Couso Costa, técnica de AGACA.
Xoves, 29 de maio. 9:30 h-14:30 h. Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adelante as túas ideas con éxito.
RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón, director-xerente de AGACA.
Martes, 3 de xuño. 9:30 h-14:30 h. – A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais á posta en marcha do proxecto emprendedor.
RELATOR: D. Carlos Ares Fernández, técnico de AGACA.
Xoves, 5 de xuño. 9:30 h-14:30 h. – Elaboración do plan emprendedor. Análise de viabilidade do proxecto: viabilidade persoal, técnica/comercial e financeira, previsión de resultados.
RELATORA: Dª. Ana Vázquez Mougán, técnica de AGACA.
Martes, 10 de xuño. 9:30 h-14:30 h. – Oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural: 12 exemplos.
RELATOR: D. Demetrio Bedriñana Bañico, técnico de AGACA.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
![]()



