Coas Bolsas Xerenciais do Programa Formo-Talento, ES-Factory ofréceche a oportunidade de acoller gratuitamente na cooperativa a unha persoa con titulación universitaria para realizar unha formación práctica en cooperativas.
A estadía prolóngase durante 6 meses, a razón de 25 horas semanais, de luns a venres, en modalidade presencial.
Os custos laborais serán soportados por AGACA, quen realizará unha actividade formativa das persoas en prácticas, antes de seren acollidas nas cooperativas.
Este Programa responde ás necesidades detectadas de perfís profesionais en postos de dirección e xerencia das entidades de economía social e ten por finalidade mellorar a xestión das cooperativas, abordando procesos de mellora das organizacións á vez que se melloran tanto a empregabilidade das persoas participantes como a súa capacitación mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas beneficiarias.
Neste senso, as persoas que participen neste programa poden axudarvos na cooperativa ao desenvolvemento de áreas emerxentes en diversas áreas, coma innovación, dixitalización da empresa, márkting, proxectos de economía verde, sostibilidade etc.
A persoa bolseira e a cooperativa contarán coa mentoría e titorización de AGACA, apoiando as súas necesidades e demandas para o mellor desenvolvemento do Programa.
Para calquera consulta / aclaración sobre as Bolsas Xerenciais, poñédevos en contacto con Loli Couso:
609070135 |
loli@agaca.coop
Enmárcase dentro das actuación a desenvolver no ámbito do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, no marco do Programa de Cooperación INTERREG VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Máis información sobre o proxecto ES-Factory en https://agaca.coop/gl/es-factory/



AGACA, a través do proxecto ES-Factory, convoca 6 prazas para a realización de estancias formativas en cooperativas, logo dunha formación teórica.
