• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

Cándido Cancelo novo director xeral da Cooperativa AIRA tras a xubilación de Daniel Ferreiro

Nota de prensa: AIRA.

Agaca by Agaca
20 de Decembro de 2024
in Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O cambio na directiva farase efectivo a partir do 1 de xaneiro coa chegada de Cancelo, que conta cunha destacada traxectoria profesional tanto a nivel nacional como internacional.
  • AIRA recoñece o gran labor de Ferreiro ó longo destes anos para coordinar a fusión que deu lugar ó que hoxe é a Cooperativa, así como para impulsar proxectos destacados dela.

Taboada (Lugo), 19 de decembro de 2024. Cándido Cancelo Cabanas será o novo director xeral de AIRA a partir do 1 de xaneiro de 2025, tras a xubilación de Daniel Ferreiro Otero, quen se despide de AIRA despois de dúas décadas vinculado á Cooperativa e unha traxectoria centrada no impulso do
cooperativismo e no sector agroalimentario.

Cándido Cancelo chega a AIRA tras unha destacada traxectoria profesional tanto a nivel nacional como internacional. Cancelo conta con máis de 20 anos de experiencia na dirección e desenvolvemento de proxectos estratéxicos en mercados globais e en distintos sectores. “AIRA é un referente no sector agroalimentario e agardo contribuír a seguir facendo que esta Cooperativa sexa un motor do agro galego, ó tempo que se mantén a carón dos 3.000 socios que a integran”, valora Cándido Cancelo.
Nestes primeiros meses, Cancelo contará coa colaboración do seu predecesor, posto que Daniel Ferreiro continuará vinculado á Cooperativa para facilitar este proceso de remuda na directiva da Cooperativa. “Contar coa colaboración de Daniel Ferreiro ó longo dos próximos meses será de utilidade para que esta transición se faga dun xeito áxil e ordenado”, indica Cándido Cancelo.

Máis de 20 años na Cooperativa

AIRA agradece a dedicación e implicación de Daniel Ferreiro á Cooperativa durante máis de 20 anos de traxectoria. O seu traballo e entrega foron decisivos en momentos claves da historia e no percorrido da Cooperativa para chegar a converterse no que é hoxe en día.

Ferreiro contribuíu ó entendemento entre as distintas cooperativas tanto para a creación da fábrica de pensos de Taboada, como na integración que deu orixe a AIRA no 2018. Ademais, Ferreiro foi clave para que algúns dos proxectos destacados de AIRA se fixeran realidade, como é a planta de transformación láctea de Melide, o crecemento sostible e exponencial da propia Cooperativa ou novas liñas de negocio como o recente acordo coa firma García Baquero para a fabricación de queixos en Galicia con leite procedente das ganderías socias.

“Daniel Ferreiro foi o faro que nos guiou no camiño da integración para a creación de AIRA e grazas ó seu traballo e tesón viron a luz proxectos cos que conseguir a valorización dos produtos das ganderías e explotacións dos socios e socias de AIRA. Estamos fondamente agradecidos pola súa dedicación ó longo de todos estes anos, facéndoo sempre dun xeito próximo e favorecendo o entendemento”, valora José Manuel López Tellado, presidente de AIRA.

 

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}