• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

O Diálogo Estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE alenta a unión en cooperativas

Publicado en Cooperación Galega, Nº 170. Outubro 2024.

Agaca by Agaca
4 de Novembro de 2024
in Blog
Compartir en FacebookCompartir en Twitter

O grupo que traballou no Diálogo Estratéxico sobre o Futuro da Unión Europea (UE) elaborou un informe de recomendacións para acadar un sector agroalimentario europeo resiliente, sustentable e competitivo e un mundo rural que resulte atraínte.

O 4 de setembro presentouse o informe titulado Unha perspectiva compartida para a agricultura e a alimentación en Europa, resultado do Diálogo Estratéxico sobre o Futuro da Agricultura da Unión Europea, anunciado por Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea, durante o seu discurso sobre o estado da Unión de 2023. Dérono a coñecer Peter Strohschneider, presidente do grupo de Diálogo, e a propia von der Leyen.

Espérase que a Comisión utilice o informe como base para o desenvolvemento da Política Agrícola Común (PAC) nos próximos anos. En total, nas máis de 100 reunións que constituíron o Diálogo, participaron, durante sete meses, 29 organizacións representativas e partes interesadas na agricultura europea, entre elas Cogeca (entidade que representa os intereses das cooperativas ante as institucións europeas).

Segundo a Comisión, o Diálogo chega nun momento de considerables transformacións sociais e os sistemas agroalimentarios están implicados nelas, pero tamén son afectados polo cambio. Entre as causas máis urxentes, apunta a razóns climáticas e medioambientais, ao aumento das tensións políticas e económicas globais e ao clima de abundantes conflitos globais. Isto sucede nun intre de crecentes conflitos sociais que entrelazan cunha crecente división urbano-rural.

Polo tanto, indica o informe, son necesarias accións decisivas para abordar estes desafíos. A transición debe deseñarse de modo que desemboque en sistemas agroalimentarios máis resistentes, sustentables, competitivos, rendibles e xustos. Isto require dun punto de partida estable e de bases e obxectivos compartidos para dirixir a transición do sector, que poden resumirse en dez principios políticos reitores:

1. Agora é o momento de cambiar.
2. A cooperación e o diálogo son críticos na cadea de valor alimentaria.
3. As medidas políticas deben ser coherentes e crear ambientes propicios potentes baseados en sinerxías frutíferas.
4. A produción agraria e alimentaria xoga un rol estratéxico no novo contexto xeopolítico, como parte esencial da seguridade europea.
5. O rol da xuventude na agricultura e as zonas rurais e a diversidade dos sistemas agroalimentarios europeos son un activo importante.
6. As sustentabilidades económica, social e medioambiental poden reforzarse entre elas.
7. Os mercados deberían impulsar a sustentabilidade e a creación de valor a través de toda a cadea e interiorizar mellor as externalidades.
8. Débense aproveitar as oportunidades da tecnoloxía e da innovación para apoiar a transición cara a sistemas agroalimentarios máis sustentables.
9. O cambio cara a dietas equilibradas, máis saudables e sustentables é esencial para unha transición con éxito.
10. As zonas rurais atractivas son de crucial importancia para a seguridade alimentaria, a viabilidade futura da sociedade e a democracia liberal.

Un futuro soñado

Neste contexto, o Diálogo Estratéxico describe unha visión do futuro do sistema alimentario europeo cara a 2035-2040. Entre outras cousas, imaxina explotacións que seguen patróns produtivos sustentables compensados con prezos apropiados no mercado; sistemas gandeiros que cumpren as expectativas do consumidor e obxectivos medioambientais, de benestar animal e de redución de antibióticos, alcanzados.

Os principios da economía circular estarán implantados e baixará o desperdicio en todos os elos da cadea. Neste futuro sustentable, os profesionais da agricultura e a gandería desenvolven un papel positivo, que é amplamente recoñecido pola sociedade. As zonas rurais en Europa serán espazos atractivos, cuns niveis altos de produtividade e de estándares ambientais e sociais orientados aos resultados.

Os mercados agroalimentarios demostrarán resiliencia ante shocks de oferta, pola diversificación das cadeas de subministración e, nesta próspera cadea, os actores da parte intermedia, incluídos fabricantes e distribuidores, son motores de innovación e competitividade. As relacións comerciais e as asociacións da UE con terceiros países serán xustas, equilibradas e sustentables.

A lexislación contra prácticas mercantís inxustas creará certeza legal. Tamén políticas áxiles que reaccionan adecuadamente ante a crecente complexidade e diversidade dos sistemas de valor agroalimentarios e requirimentos administrativos reducidos ao necesario e adaptados ás especificidades locais formarán parte do escenario.

Para materializar ese futuro, o informe propón un conxunto de recomendacións que estrutura en cinco piares:

Traballar xuntos por un futuro sustentable, resiliente e competitivo:
O informe considera fundamental fortalecer a posición de profesionais da agricultura e a gandería na cadea de valor, animándoos a unirse a cooperativas e/ou asociacións para reducir custos, aumentar eficiencia e mellorar prezos de mercado. Tamén aconsella recompensar esforzos e investimentos de produtores e outros elos da cadea alimentaria en materia de sustentabilidade e investigar se a transición cara a unha maior sustentabilidade non se ve obstaculizada por sinais contraditorios nas políticas de competitividade.

A PAC, afirma, debe apoiar explotacións de viabilidade demostrada, enfocándose en agricultores e agricultoras xóvenes e novas incorporacións, e en explotacións con limitacións naturais, pequenas ou mixtas; tamén, incentivar a realización de servizos ecosistémicos.

Avanzar cara a sistemas agroalimentarios sustentables:
O Diálogo observa unha tendencia cara ao consumo de proteína de orixe vexetal nun momento en que na UE a inxestión media de proteína (en particular, de base animal) supera as recomendacións da UE e de instrucións médicas. Con todo, ve importante usar o Fondo de Transición Xusta Agroalimentaria (FTXA) para apoiar ao sector gandeiro, cuxas granxas dan traballo a catro millóns de persoas na UE e representan o 40 % do total do valor agrícola. Considera que a gandería pode contribuír á conservación e restauración da natureza, á biodiversidade, á saúde do solo e ao tecido socioeconómico das comunidades rurais, pero tamén que está ligada ás emisións de gases de efecto invernadoiro, contaminación, resistencia aos antibióticos e problemas na calidade da auga.

Así, aposta por bases científicas para facilitar a transición a sistemas sustentables e recomenda revisar a lexislación existente en benestar animal tendo en conta o seu impacto socioeconómico, para prover os medios, recursos e prazos necesarios de adaptación ás novas leis que supoñan alza de custos, sen afectar a competitividade do sector e considerando as particularidades de cada especie.

Ademais, avoga por selos (polo momento voluntarios) de benestar animal e propón que a UE financie campañas para dalos a coñecer entre a poboación e, dentro dos esforzos para acadar o desperdicio cero, propón aos Estados Membro permitir que os refugallos alimentarios sexan utilizados, en condicións hixiénicas, como alimento animal.

Tamén, no senso de evitar o desaproveitamento de alimentos anima a lexislar en favor de que organizacións sen ánimo de lucro poidan ter acceso adecuado e hixiénico a transporte, almacenamento e uso de excedentes alimentarios con fins benéficos.

Promover a resiliencia transformadora:
Ante os crecentes riscos ambientais, climáticos, xeopolíticos e económicos, o Informe subliña a necesidade de reforzar as ferramentas de xestión de riscos e de xestión de crises. Doutra banda, apoia preservar e xestionar mellor as terras agrícolas coa meta de chegar á ocupación neta cero en 2050 e que os xestores do solo teñan acceso á súa ferramenta de traballo, dándolles as condicións para implementar prácticas de xestión sustentable do solo, abordando a erosión, a perda de carbono orgánico, o desequilibrio de nutrientes, a compactación, a contaminación e a perda de biodiversidade do solo.

Tamén prescribe apoios a unha agricultura resistente á seca e a un mellor uso e coidado das augas e ecosistemas acuáticos, ademais de á innovación nos métodos de cultivo.

Construír un sector atractivo e diverso:
Con só un 6,5 % dos agricultores menores de 35 anos en 2020, a agricultura comunitaria está envellecida, con todas as consecuencias para o dinamismo de todas as zonas, as rurais en particular, a consecución dos obxectivos de sustentabilidade e a capacidade de producir alimentos e a preservación da identidade das rexións e paisaxes.

Así, o informe propón, en adición ao apoio financeiro da PAC, tres áreas prioritarias para o plan de acción da UE: crear guías para facilitar a mobilidade de terras; paquetes de préstamos e axudas específicos para a mocidade e a agricultura sustentable por parte do Banco Europeo de Investimentos para 2025, e reforzar a percepción pública da agricultura e a gandería como unha carreira atractiva e proveitosa, aproveitando mellor as oportunidades de programas educativos financiados pola UE coma Erasmus+ ou Erasmus para Emprendemento Xove.

Por outra banda, o informe chama á protección dos traballadores para atraelos e retelos no sector creando condicións laborais xustas e eliminando abusos. O Pacto polas Competencias (Pact for Skills, do que AGACA forma parte grazas á participación en proxectos europeos) e a Directiva (UE) 2022/2041 polos salarios mínimos adecuados son dúas ferramentas en marcha.

Aborda tamén a igualdade de xénero e solicita á Comisión Europea, cara a 2026, un estudo sobre como mellorar o estatus legal da muller e outros grupos infrarrepresentados na agricultura.

Finalmente, recomenda un Contrato Rural Europeo que axude a tratar as necesidades do medio rural e a implementar os instrumentos financeiros da UE con menos burocracia e mellor reforzo de oportunidades.

Mellorar o acceso e uso do coñecemento e da innovación:
Entre outras medidas, solicita aos Estados Membro que aumenten o financiamento da UE para iniciativas de I+D+i, especificamente en tecnoloxías e innovacións agroalimentarias centradas en sustentabilidade, asignando maior porcentaxe do Horizonte Europa a desenvolver e probar novas tecnoloxías e innovacións para unha agricultura, produción e distribución alimentaria sustentables.

Ademais, para aproveitar as oportunidades da dixitalización, destaca a necesidade de regulamentos claros e transparentes sobre gobernanza de datos, xunto con incentivos, por exemplo no marco da PAC, para a adopción de tecnoloxías coma Internet das cousas, drons, intelixencia artificial e imaxes de satélite, así coma fondos para investigación e iniciativas de «innovación social», como poden ser as emprendidas no ámbito local coma unións de pequenos agricultores para venda de produtos a través da Internet, proxectos de conservación de flora e fauna ou apoio alimentario a persoas de baixos recursos, por citar algúns exemplos.

Ler revista completa:

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}