• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Novidades

CLIMALACT, innovación para crear unha marca de sustentabilidade para o sistema produtivo lácteo galego e asturiano

Agaca by Agaca
7 de Outubro de 2024
in Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
  • O proxecto pretende desenvolver unha marca de sustentabilidade e neutralidade climática referida ao sistema de produción de leite asturiano e galego.

Cunha subvención de 600.000 €, cofinanciados nun 80% por fondos FEADER, e máis de tres anos de duración, ponse en marcha CLIMALACT, un grupo operativo de carácter supraautonómico que busca dinamizar o sector lácteo en Galicia e Asturias a través do desenvolvemento dunha marca de sustentabilidade e neutralidade climática denominada CLIMALACT.

Coa entrada en vigor da Política Agraria común 2021-2027 búscase introducir medidas específicas, tanto de carácter obrigatorio como voluntario, enfocadas á aplicación de prácticas beneficiosas para o clima e o medio ambiente. Ao mesmo tempo, espérase obter un maior equilibrio na obtención das axudas, tratando de redistribuír os pagos das grandes explotacións a aquelas medianas e pequenas.

Esta redistribución dos fondos da PAC cobra especial relevancia en Asturias e Galicia, onde se atopan o 68% das granxas de vacún de leite de toda España, con tamaño inferior á media nacional e cunha maior presenza de produción en ecolóxico. Unha boa forma de obter recomendacións para unha distribución máis eficiente das axudas da PAC sería asocialas ao fomento da xestión do territorio e a cadea de valor, mediante o deseño e desenvolvemento de indicadores de sustentabilidade e protocolos de neutralidade climática.

Neste contexto xorde o grupo operativo CLIMALACT, cuxo principal obxectivo é desenvolver unha marca de sustentabilidade e neutralidade climática denominada CLIMALACT, referida ao sistema de produción de leite asturiano e galego. Dita marca vai ter en conta a análise conxunta da granxa e a cadea de valor, de modo que se seleccionen as mellores prácticas existentes, avaliando o seu impacto no tecido produtivo e no medio ambiente e o medio rural. Para iso analizaranse distintos tipos de granxas (intensivas, semi-intensivas, semi-extensivas e extensivas) e cadeas de valor (circuítos curtos, nacionais e internacionais).

A avaliación da cadea alimentaria do leite levarase a cabo baseándose en indicadores que analizarán o grao de sustentabilidade das granxas e a cadea de valor vinculada á parte produtiva, ambiental e social, determinando ademais o seu potencial de mellora para alcanzar os catro idiotipos da marca CLIMALACT. Para facilitar a xestión tanto aos gandeiros como ás persoas implicadas na cadea de distribución vai desenvolver unha aplicación informática que facilitará o cálculo do grao de sustentabilidade e neutralidade climática das granxas e a cadea de valor e propoñerá as opcións de mellora que lles permitan adaptarse aos requirimentos da marca.

Para levar a cabo esta iniciativa creouse un equipo multidisciplinar coordinado pola Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), e no que participan tamén como socios os produtores Campoastur Productos y Servicios S. Coop. Astur. e Corporación Alimentaria Peñasanta S.A. (CAPSA), así como a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e a Asociación Intereo, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela a través do Grupo de Sistemas Silvopastorales.

O proxecto de innovación desenvolverase en diferentes etapas, a primeira das cales consiste na elaboración dunha listaxe de indicadores de sustentabilidade e clima asociados á granxa e á cadea de valor, que serán debatidos en grupos focales nos que participarán axentes involucrados en toda a cadea de valor da produción de leite para seleccionar aqueles de maior interese, e que serán implementados e avaliados en diferentes granxas das zonas de estudo.

Cos resultados destas avaliacións, poderanse elaborar os indicadores económicos, ambientais e sociais de sustentabilidade da cadea agroalimentaria láctea que derivarán na elaboración de índices e protocolos de medición de neutralidade climática asociados á marca CLIMALACT, que serían extensibles a todo o territorio nacional e europeo, impulsando o desenvolvemento e competitividade rural ao mellorar a provisión e calidade de produtos e servizos en condicións produtivas, ambientais e sociais sostibles.

Por último, elaborarase unha listaxe de recomendacións para a distribución de fondos da PAC, buscando conseguir o obxectivo final do proxecto, que é establecer mecanismos que nos permitan alcanzar os obxectivos expostos no Pacto Verde e a estratexia Da granxa á mesa da Unión Europea: redución do 55% dos gases de efecto invernadoiro, redución da perda de nutrientes e do uso de herbicidas arreodor do 50%, redución do uso de fertilizantes arredor do 20% e incremento da xestión do territorio en ecolóxico nun 25% no ano 2030, contribuíndo así a alcanzar a neutralidade climática para o ano 2050.

O proxecto CLIMALACT está enmarcado no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, financiado nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) da Unión Europea e nun 20% polo polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria (DGDRIFA) é a autoridade encargada da aplicación das devanditas axudas. Orzamento total do proxecto: 600.000 €. Subvención total: 600.000 €

O grupo operativo CLIMALACT es la entidad responsable de este contenido.

Máis información nas canles de difusión do proxecto:
– Web: https://climalact.es/
– Facebook
– X
– LinkedIn
– YouTube

Tags: FEADERengalego

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}