- O 10 de setembro, de 10:30 a 14:30 horas terá lugar a xornada “Dixitalización da xestión das explotacións agro-ganadeiras. Dos libros de explotación ao caderno dixital”.
- Será nas instalacións de AGACA en rúa Tomiño, nº22, entresollado (Santiago de Compostela).
- Para inscribirse, é necesario cubrir este formulario de inscrición.
O proceso de dixitalización do mundo rural fundaméntase na utilización de novas tecnoloxías co obxectivo de mellorar a rendibilidade das explotacións, o benestar/saúde dos animais e a calidade de vida de gandeiros e gandeiras. Este proceso compleméntase coa mellora da xestión telemática e o desenvolvemento de destrezas dixitais, que faciliten a relación das ganderías coa administración e permitan a toma de decisións ás persoas titulares de explotación e técnicos/as de campo mediante a obtención e o tratamento de datos.
Segundo o II Plan de Acción de Estratexia de Dixitalización do Sector Agroalimentario e do Medio Rural, en liña cos obxectivos do Pacto verde europeo, hai tres piares de partida nos que basearse para fomentar a gandería 4.0: a redución da fenda dixital, o fomento do uso de datos e o impulso do desenvolvemento empresarial e de novos modelos de negocio mediante novas tecnoloxías. Dende 2019 publicáronse numerosas normas en relación coa ordenación das principais especies gandeiras, o uso prudente de antibióticos, a rastrexabilidade e aspectos ambientais coa finalidade de conseguir unha produción máis segura e sostible.
A xornada é de especial interese para profesionais da agricultura e a gandería, membros de cooperativas, persoal de centros de subministracións e organizacións profesionais agrarias, grupos operativos de desenvolvemento rural. É conveniente ter coñecementos básicos de informática e das aplicacións gandeiras.
OBXECTIVOS
- Comprender a lexislación actual en materia do caderno de campo dixital, o libro de explotación, de tratamentos e as receitas electrónicas.
- Identificar e comparar distintos provedores de cadernos de campo dixitais e libros, analizando as vantaxes e inconvenientes de cada provedor.
- Aprender a configurar e personalizar cadernos de campo dixitais e libros de rexistros.
- Desenvolver habilidades no rexistro, integración de datos e seguimento de información relevante.
- Capacitar na extracción e integración de datos con outras fontes de información como son os datos do sistema integral de xestión de explotacións -SIGE-, a oficina agraria virtual -OVGAN- e incluso de datos obtidos polos sistemas de monitorización do gando e das explotacións.
- Explicación das vantaxes deste proceso de dixitalización e da aplicación das novas tecnoloxías de smart farming para o futuro destas ganderías.
METODOLOXÍA
A formación comprenderá sesións teóricas que abordarán os requisitos e cambios normativos vinculadas a ferramentas dixitais no ámbito agrario. Cun enfoque eminentemente práctico, integraranse exemplos e aplicacións concretas, proporcionando aos/as participantes coñecementos sólidos e habilidades prácticas esenciais para a xestión eficiente de explotacións agrícolas mediante ferramentas dixitais. Este enfoque equilibrado garantirá unha comprensión integral e a capacidade de aplicar de maneira efectiva os conceptos aprendidos en contornas reais.
PROGRAMA FORMATIVO
Bloque 1. Introdución ao caderno de campo dixital (1 hora)
- Lexislación vixente e o seu impacto na xestión das explotacións.
- Provedores de cadernos de campo dixitais.
- Análise das vantaxes e inconvenientes.
- Pasos e recomendacións prácticas para a configuración e personalización destes recursos co uso de metodoloxías e ferramentas para o rexistro e seguimento da información obtida.
Bloque 2. Introdución ao Libro de explotación dixital (1 hora)
- Oficina agraria virtual (OVGAN) e Sistema integral de xestión da explotación (SIGE).
- Normativa e requisitos de uso.
Bloque 3. Libros dixitais de tratamentos medicamentosos, receitas veterinarias e bases de datos de prescrición (1 hora)
- Normativa y requisitos de uso.
Bloque 4. Obtención , extracción e integración de datos por sistemas de monitorización en ganado y explotaciones (1 hora)
- Aplicación práctica da utilización de datos e a súa posible integración nas plataformas de xestión das explotacións.
Será impartida por Raúl Marcos (Arza Ingeniería), Jesús Cantalapledra (veterinario da Consellería do Medio Rural), Gerardo Rivero (veterinario da Consellería do Medio Rural) e Elio López (CEO de Innogando).
Descargar programa aquí (formato PDF).




