— Axudas a explotacións en IGP Ternera Gallega. Ata 03/02/2024

Información da axuda

Derogada / Fóra de prazo

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación”(formato PDF) e consultar a Orde completa na ligazón “web”.

ORDE de 22 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás explotacións ganadeiras pertencentes á indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e se convocan para o ano 2024. Consellería do Medio Rural (DOG Nº 2, 03/01/2024).

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas aos titulares de explotacións gandeiras inscritas nos rexistros do Consello Regulador que xestiona a indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, para compensar parcialmente os sobrecustos de produción destas explotacións, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MR515I).

ÁMBITO DE APLICACIÓN

Esta orde será de aplicación ás explotacións de gando bovino rexistradas no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia e inscritas na IXP Ternera Gallega, que tivesen animais rexistrados na dita IXP e que finalizasen o seu proceso produtivo durante o ano 2023.

Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE nº L 352, do 24.12.2013), que quedarán condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas titulares de explotacións gandeiras situadas en Galicia, con exclusión das administracións ou entidades do sector público, que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser titulares dunha explotación de gando bovino inscrita no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia que estivese en estado de alta con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024, agás quen iniciase a actividade a través dun cambio de titularidade de explotacións en estado de alta con anterioridade a esa data.

2. Que a explotación estea de alta no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia no momento da solicitude da axuda.

3. Que a explotación estea inscrita nos rexistros do Consello Regulador que xestiona a IXP Ternera Gallega durante algún período do ano 2023.

4. Que a explotación teña animais rexistrados durante 2023 como Ternera Gallega (TG) ou Ternera Gallega Suprema (TGS) polo Consello Regulador que xestiona a indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e, ademais que finalizasen o seu ciclo produtivo dentro do dito ano.

CONTÍA DAS AXUDAS

1. A contía individualizada da axuda para cada persoa física ou xurídica beneficiaria será, como máximo, de 200 € por animal TGS subvencionable e de 36 € por animal TG subvencionable.

2. Serán subvencionables os animais que estiveron rexistrados durante o ano 2023 na IXP Ternera Gallega, que finalizaron o seu ciclo produtivo no marco desta IXP dentro do dito ano e que cumpriron todos os requisitos específicos exixidos ás categorías TGS ou TG.

3. Non se concederán axudas superiores aos 20.000 € por persoa titular e, no caso de persoas titulares que teñan varias explotacións, computaranse na axuda os animais rexistrados subvencionables existentes en todas elas.

No caso de persoas titulares que só teñan animais TG subvencionables, o límite da axuda será de 10.000 €.

No caso de persoas titulares que produzan animais subvencionables de TGS e de TG, a axuda calcularase cos importes sinalados para cada categoría de animal, co límite dos 20.000 € por persoa titular, pero respectando que o importe correspondente aos animais subvencionables como TG non poderá superar o límite mencionado dos 10.000 €.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 3 de febreiro de 2024.

  • Facebook
  • Twitter