RESUMO ELABORADO POR
Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación”(formato PDF).
— RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2023. INEGA (DOG Nº 29 de novembro 2023).
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
1. Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación.
a) Bono asesoramento enerxético
Serán subvencionables:
i) Diagnósticos enerxéticos que inclúan inventario dos principais equipamentos consumidores do centro de traballo, análise de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía que evalúe o custo e aforro económico derivado.
ii) Auditorías enerxéticas que, ademais do contido das diagnoses, deben completar a parte de análise de consumos con medicións (análise de combustión de caldeiras, medición consumo eléctrico dos principais equipamentos consumidores, análise termográfica das instalacións, medicións lumínicas,…) e na parte de proposta de mellora deben analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implantación de sistemas de tele-xestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético.
O custo elixible máximo dos diagnósticos e auditorías enerxéticas dependerá do consumo enerxético anual da empresa (suma de todos os consumos enerxéticos: electricidade, gasóleo, gas natural, butano,…) conforme o establecido na seguinte táboa.
| Consumo del centro de trabajo (kWh/año) | Coste elegible máximo diagnóstico (€) | Coste elegible máximo auditoría (€) |
| Hasta 5.000 | 500 | 1.000 |
| De 5.000 a 25.000 | 1.000 | 2.000 |
| De 25.000 a 100.000 | 2.000 | 4.000 |
| Más de 100.000 | 3.500 | 7.500 |
b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.
c) Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garanta unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
e) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior.
f) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida refírese exclusivamente ás instalacións fixas, destinadas á climatización e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento; quedan fóra do seu ámbito os equipamentos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipamentos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5 kW e ter unha cualificación enerxética B ou superior.
g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
| SECTOR SERVICIOS CNAE 2009 | DIVISIÓN |
| SECCIÓN G: Comercio al por mayor y al por menor; reparación de vehículos a motor y motocicletas | 45 a 47 |
| SECCIÓN H: Transporte y almacenamiento | 49 a 53 |
| SECCIÓN I: Hostelería | 55 a 56 |
| SECCIÓN J: Información y comunicaciones | 58 a 63 |
| SECCIÓN K: Actividades financieras y de seguros | 64 a 66 |
| SECCIÓN L: Actividades inmobiliarias | 68 |
| SECCIÓN M: Actividades profesionales, científicas y técnicas | 69 a 75 |
| SECCIÓN N: Actividades administrativas y servizos auxiliares | 77 a 82 |
| SECCIÓN P: Educación | 85 |
| SECCIÓN Q: Actividades sanitarias y de servicios sociales | 86 a 88 |
| SECCIÓN R: Actividades artísticas, recreativas e de entretenimiento | 90 a 93 |
| SECCIÓN S: Otros servicios | 94 a 96 |
CONDICIÓNS DOS PROXECTOS
1. Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro de 2024, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000,00 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude inclúa exclusivamente o Bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200,00 euros por solicitude, sen incluír o IVE.
CONTÍA DA AXUDA
1. A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000,00 euros por solicitude. A axuda asociada ao Bono de asesoramento enerxético non computará para os efectos deste límite, e virá limitada polos custos elixibles máximos establecidos na orde.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
El prazo de presentación de solicitudes comeza o 10 de xaneiro e remata o 26 de xuño de 2024.
Concorrencia NON competitiva por orde de entrada.



