— Certificado de profesionalidade: Actividades de xestión administrativa

Curso gratuíto (PRESENCIAL + ONLINE) para a obtención do CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE (nivel 2) en ACTIVIDADES DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA (2023-2024)

Que é un certificado de profesionalidade? Son certificacións oficiais con validez en toda España. Saber máis.

Lugares de impartición:

  • Dende o 6 de novembro ao ao 21 de novembro de 2023
    Durante parte do curso, as clases son presenciais no CENTRO DE FORMACIÓN CLUN – Codeseira 38 – 40, Melide (A Coruña).
  • Dende o 22 de decembro de 2023 ata o fin da formación*
    Durante parte do curso, as clases serán online, na modalidade de Aula Virtual presencial.

Datas previstas:

Do 6 de novembro de 2023 ao 2 de agosto de 2024,

Do 27 de novembro de 2023 ao 21 de agosto de 2024, en horario de 09:00 a 14:00 h., de luns a venres.

Duración total:

898 horas (inclúe 80 horas de prácticas en empresa).

Inscrición:

O PRAZO REMATA O 23 DE OUTUBRO.

A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego de Melide; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego doutras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/as candidatos/as serán notificados por correo postal certificado sobre a data e lugar onde terá lugar a proba de acceso ao curso.

Teléfono Oficina de Empleo de Melide: 881866122.

Para máis información pode chamar ao 981584783 (AGACA).

Ocupacións / postos de traballo relacionados:

  • Empregados/as administrativos de contabilidade en xeral
  • Auxiliar administrativo de cobros e pagos
  • Auxiliar administrativo de contabilidade
  • Auxiliar administrativo de facturación
  • Empregados/as administrativos/as comerciais en xeral
  • Auxiliar administrativo comercial
  • Auxiliar de apoio administrativo de compra e venda
  • Empregados/as administrativo/as de persoal
  • Auxiliar administrativo do departamento de Recursos Humanos
  • Empregados/as administrativos en xeral
  • Empregados/as administrativos/as con tarefas de atención ao público non clasificadas baixo outras epígrafes
  • Auxiliar administrativo das distintas Administracións públicas

Axuda económica/bolsa

Módulos

MF0976_2 Operacións Administrativas Comerciais (160 horas)

UF0349 • UF0349: Atención ao cliente no proceso comercial (40 horas).

  • UF0350: Xestión administrativa do proceso comercial (80 horas).
  • UF0351: Aplicacións informáticas da xestión comercial (40 horas)

MF0979_2: (Transversal) Xestión operativa de tesourería. (90 horas)

MF0980_2: (Transversal) Xestión auxiliar de persoal. (90 horas)

MF0981_2: Rexistros contables. (120 horas)

  • UF0515: Plan Xeral de Contabilidade. (90 horas)
  • UF0516: Aplicacións informáticas de contabilidade. (30 horas)

MF0973_1: (Transversal) Gravación de datos. (90 horas)

MF0978_2: (Transversal) Xestión de arquivos. (60 horas)

MF0233_2: (Transversal) Ofimática. (190 horas)

  • UF0319: Sistema operativo, busca da información: Internet/Intranet e correo electrónico. (30 horas)
  • UF0320: Aplicacións informáticas de tratamento de textos. (30 horas)
  • UF0321: Aplicacións informáticas de follas de cálculo. (50 horas)
  • UF0322: Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. (50 horas)
  • UF0323: Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. (30 horas)

MP0111: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Actividades de Xestión administrativa. (80 horas)

FCOO03-2010 Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10 horas):

FCOXXX24-2011 Formación para a Igualdade (8 horas):

Consulta/descarga FICHA INFORMATIVA

  • Facebook
  • Twitter