- O 25 de abril celébrase en Santiago a Xornada técnica para o estudo da Política Agraria Común, o Real Decreto de uso sostible de fitosanitarios e o regulamento en debate de uso sostible de fitosanitarios (S.O.R.).
- Está dirixida a membros de consellos reitores e persoal técnico das cooperativas de AGACA.
O obxectivo da xornada é aclarar aspectos e detalles máis concretos en relación coa aplicación da PAC 2023/2027 e as implicacións da declaración inicial de 2023, así como despexar dúbidas que poidan xurdir durante o proceso inicial de presentación de declaracións da PAC.
Doutra banda, mostraranse aspectos clave do Real Decreto 1050/2022 de uso sostible de fitosanitarios, ademais dos debates da proposta de revisión do regulamento sobre uso sostible de produtos fitosanitarios (SUR, segundo as súas siglas en inglés) presentada pola Comisión Europea, que pode ter enorme impacto en Galicia. O borrador do regulamento expón reducións drásticas do uso de fitosanitarios sen contar nin coas xa realizadas nin con condicións climáticas, xeográficas, agronómicas e socioeconómicas de zonas e comunidades como Galicia.
PROGRAMA
10:45 – Presentación.
11:00 – Estado de aplicación e tramitación da PAC 2023: aspectos novidosos da PAC 2023/2027.
- Axuda básica á renda.
- Pago redistributivo.
- Eco rexímenes.
- Axudas Agroambiente e Clima de Galicia.
- Estado de tramitación, previsións e consellos.
Jorge Piñeiro. Subdirector general del FOGGA. Xunta de Galicia.
13:30 – Real Decreto 1050/2022 de uso sostible de fitosanitarios: implicacións trala entrada en vigor. Estado dos debates do Regulamento Uso Sostible de Fitosanitarios (S.U.R.), polo que se modifica o Reglamento (UE) 2021/1115.
Patricia de Almandoz. Técnica de Cooperativas Agro-alimentarias de España.




