- No marco do proxecto AGROSMARTglobal celébrase o 29 de novembro unha xornada que axunta as opcións de innovación dixital, emprego e boas prácticas que a economía social promove no medio rural e agroalimentario.
- Especialistas en dixitalización, inserción laboral e ODS ofrecerán as súas experiencias e debaterán obstáculos e solucións.
- Para inscribirse cómpre encher este formulario.
O 29 de novembro no Hotel Oca Porta do Camiño, de Santiago de Compostela, terá lugar a xornada “Innovación intelixente na economía social e rural”.
Ás 10:00 dará comezo a xornada, cuxo primeiro bloque temático titúlase “Os éxitos da dixitalización na pequena e mediana empresa”, a cargo de Maravillas Rojo (presidenta da cooperativa Abacus, de consumo, que conta con máis dun millón de persoas socias) e de Jessica Gregori (directora da Delegación Galicia de Redflexión, consultoría especializada en comercio internacional y márketing), con Ana Olveira (presidenta de EspazoCoop) como moderadora.
Ás 11:45 será a presentación do proxecto AGROSMARTglobal. O seu obxectivo é consolidar o espazo para a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE (Suroeste Europeo) a través do desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de márketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial.
Ás 12:00 h. Descanso para café. Networking.
12:30 h. Mesa Redonda: Un pacto polo emprego agrogandeiro e a inserción laboral.
- Juan José Freire. Responsable Servicios Técnicos de Cooperativa Agraria Comarcal de A Coruña, S. Coop. Galega. Experiencias na contratación de inmigrantes para explotacións gandeiras.
- Saray Durán. Secretaria de EAPN Galicia e directora xeral de Ecos do Sur. Contratación de persoas estranxeiras: cuestións a ter en conta.
- Ángel Miranda. Director División Agroganadera de CLUN, S. C. Galega. Necesidades laborais a cubrir en explotacións gandeiras de leite.
- Lucía Aparicio. Orientadora Laboral do CDR Portas Abertas. Condicións clave para o éxito na inserción laboral.
Presenta e modera: Isabel Fraga. Presidenta de AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción de Galicia).
Preguntas e aclaracións.
13:15 h. Relatorio. Presentación de Nó Rural: retorno e inserción laboral da mocidade no territorio rural.
- Relatora: Nuria Fernández, Educadora Social e Pedagoga. Asociación de Desenvolvemento Rural de Euroeume.
14:00 h. Relatorio. Presentación da Guía de boas prácticas ODS nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.
- Relatora: Claudia Rodríguez. Socia de ALEN, S.Coop. Galega.
Preguntas e aclaracións
14:30 h. Clausura.
Intervenciones:
- Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
- Celso Gándara. Presidente de ForoESGal.
- María Jesús Lorenzana. Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
AGROSMARTglobal
AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa InterregSudoe 2014-2020 dentro do eixo prioritario de fomento da competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo.
Ofrece numerosas ferramentas para favorecer a internacionalización dixital intelixente das cooperativas e pemes, entre elas material formativo, guías de boas prácticas, ferramentas de autodiagóstico para coñecer o nivel de preparación da propia entidade en canto a ecommerce e internalización, ademais dun servizo de consultoría dixital para favorecer a mellora. Tamén están en proceso de desenvolvemento dous proxectos piloto para favorecer a exportación de produtos a China e Estados Unidos.
As dez rexións do espazo europeo SUDOE que abarca este proxecto son: en España: Galicia, Castilla-La Mancha, País Vasco e La Rioja; en Francia: Nouvelle-Aquitaine e en Portugal: Norte, Algarve, Centro, Lisboa y Alentejo.
Os socios dol proxecto, cuxo horizonte temporal é 01/10/2019 – 31/03/2023, son:
- AGACA: Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Beneficiario principal e coordinador.
- Cámara Oficial de Comercio, Industria y servicios de La Rioja.
- Cooperativas Agro-alimentarias de Castilla-La Mancha.
- KONFEKOOP: Confederación de Cooperativas Agroalimentarias de Euskadi.
- AMVOS. Consultora de Marketing Digital.
- AREPO: Association des Régions Européennes des Produits d´Origine (Francia)
- La Coopération Agricole (Francia).
- Chambre du Commerce et d’Industrie de Limoges et Haute-Vienne (Francia).
- UTAD: Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro (Portugal).
- CONFAGRI: Confederação Nacional das Cooperativas Agrícolas (Portugal).




