
Esquece os números. Non te distraias do importante.
Os nosos asesores encárganse das solicitudes, de ordenar e clasificar a documentación da túa empresa, sen esquecer a presentación das contas anuais ante os órganos sociais.

Xamais se che pasará o prazo das túas obrigacións fiscais e, para que o impacto sexa o máis favorecedor posible, analizamos o peso da carga fiscal sobre as operacións económicas que require a túa actividade.

Elaboramos dossieres informativos coas axudas de interese para os distintos sectores produtivos. Tramitamos e efectuamos o seguimento das axudas e subvencións dos nosos clientes.
Estamos autorizados para tramitar solicitudes da PAC.

Realizamos nóminas, contratos e liquidacións de persoal e asesoramos en cuestións de aplicación e actualización de convenios e inspeccións laborais.
O dimensionamento, os proxectos de fusión e interacción cooperativa están afianzándose na mentalidade conxunta como resposta ante os múltiples actores que interveñen nos procesos de elaboración e comercialización, cada vez máis competitivos.
Os trámites, esixencias, reunións, aportacións e diplomacia necesarios nestos casos, así como nas interaccións e procesos de constitución/disolución exitosos, requiren de mediadores e executores plenamente capacitados.
Non se modifican a miúdo os Estatutos dunha cooperativa pero cando é necesario, sabemos que pasos dar?, cal é o procedemento idóneo?, os tempos?…
Descoñecer ou obviar parte da normativa podería levar a cometer erros insalvables.
A Sustentabilidade é a satisfacción das necesidades actuais sen comprometer a capacidade das xeracións futuras, garantindo o equilibrio entre crecemento económico, coidado do medio ambiente e benestar social.
O desenvolvemento sostible mantén este equilibrio sen poñer en perigo os recursos do mañá, e contempla a sustentabilidade social, que busca a cohesión e estabilidade da poboación; a sustentabilidade ambiental, que trata de preservar a biodiversidade sen renunciar ao progreso económico e social, e a sustentabilidade económica, que se encarga de que as actividades que buscan a sustentabilidade ambiental e social sexan rendibles.

Estudos e diagnósticos de Impacto e Xestión Ambiental.
Diagnósticos de Xestión Enerxética. Identifican os consumos enerxéticos (térmicos e eléctricos) rexistrados no desenvolvemento do proceso produtivo, co fin de establecer así un consumo medio sectorial, e nunha fase posterior, identificar as medidas de aforro e eficiencia enerxética.
Análise de Ciclo de Vida. Pegada de carbono.

Informes de Sustentabilidade da agroindustria alimentaria.
Informes técnicos: fitosanitarios, fertilización, residuos.
Valoracións agrarias.
Enerxías renovables: Solar térmica, Biomasa.
A RSE é un movemento que promove nas empresas a conciencia de velar pola satisfacción e cumprimento das expectativas de todos os grupos de interese (stakeholders) cos que interactúa. É un concepto moi beneficioso para o progreso da sociedade, pois contribúe á mellora da competitividade das empresas ao combinar criterios de eficiencia, sustentabilidade e igualdade de oportunidades.



“Unha interpretación contable, fiscal ou laboral equivocada pode afundir unha cooperativa de éxito. É imprescindible asegurarse de confiar a túa empresa a profesionais expertos, coñecedores do sector”.

Eva Barreiro
Tfno/Whatsapp: 674 214 784
Mail: evab@agaca.coop

Eva Santos
Tfno/Whatsapp: 621 154 967
Mail: esantos@agaca.coop

Maite Porto
Tfno/Whatsapp: 609 141 624
Mail: maite@agaca.coop

María Rodríguez
Tfno/Whatsapp: 679 465 943
Mail: mrseijas@agaca.coop

Diana Espiño
Tfno/Whatsapp: 666 105 542
Mail: diana@agaca.coop

Cristina Fernández
Tfno/Whatsapp: 663 761 116
Mail: cfernandez@agaca.coop

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense
Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central: agaca@agaca.coop