- Grupo Naturalista Hábitat organiza a xornada, na que se presentará ademáis o proxecto “Granxas de leite galegas en harmonía coa natureza e biodiversidade agraria”, con financiamento FEADER, no que participa AGACA.
O vindeiro luns 5 de xuño o Grupo Naturalista Hábitat organiza á xornada de relatorios sobre “A paisaxe agraria galega e a biodiversidade“, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. Nela prográmanse interesantes conferencias, así como a presentación pública da recentemente editada “Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia“, que contou coa colaboración do G.N.Hábitat e outras entidades.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar en horario de mañá de 10 a 13:30h no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo -CIAM- (Carretera AC-542, carretera de Betanzos a Mesón do Vento.
Km. 7,5. C.P: 15318 Mabegondo -Abegondo).
É imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado.
A xornada está especialmente dirixida a:
- Traballadores, técnicos, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario e ambiental.
- Técnicos e representantes das administracións públicas.
- Público interesado.
Poden consultar o programa completo en PDF
Máis información en http://gnhabitat.org/xornada-paisaxe-agraria-galega-e-biodiversidade/




