- O día 25 en Santiago terá lugar unha xornada na que se fará balance das actuacións realizadas para favorecer a innovación nas cooperativas a través das novas tecnoloxías.
- A xornada tratará casos de éxito tanto de mellora a través das TIC como das redes de intercooperación.
- A secretaria xeral de emprego, Covadonga Toca, asistirá á apertura da Xornada.
O día 25 de febreiro terá lugar no hotel Eurostars San Lázaro de Santiago a xornada de presentación de resultados do programa iCOOPERA, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación no contorno das cooperativas galegas.
Entre as charlas, contarase coa presentación das experiencias de éxito cooperativo das entidades Terras da Mariña (a cargo de José Cuadrado) e Seisporoito (con Rosana Francisco).
Para falar das redes de intercooperación, que buscan que cooperativas de diferentes sectores poidan colaborar e establecer sinerxías para resolver problemáticas comúns, contarase coas charlas dos representantes de tres cooperativas: Celso Gándara, de Algalia, dedicada a consultoría; Marián Fernández, da cooperativa cultural O Cable Inglés, e Francisco Padín, de Amegrove, dedicada ao mexillón.
A xornada rematará cunha rolda de contactos para que as persoas asistentes poidan intercambiar experiencias, necesidades e oportunidades, buscando establecer vínculos de colaboración.
Calquera persoa con interese en asistir pode inscribirse en info@innovacioncooperativas.coop ou no teléfono 981 552 059.
Data e hora: xoves 25 de febreiro, de 09:30 a 13:30 horas
Lugar: Hotel Eurostars San Lázaro, Avda. Fernando de Casas Novoa s/n, Santiago de Compostela




