
A Conferencia Final de FIELDS tivo lugar en abril e nela céntrase o sétimo boletín publicado polo proxecto.
AGACA é unha das 31 entidades de 12 países que desenvolve FIELDS co obxectivo de abordar as necesidades actuais e futuras de competencias para a dixitalización e a bioeconomía na agricultura, no contexto da Axenda europea de competencias.
O principal obxectivo da Conferencia Final do proxecto FIELDS, que tivo lugar o 11 de abril en Bruxelas, foi presentar os resultados logrados durante o proxecto e os coñecementos adquiridos, incluíndo unha discusión sobre o Agrifood Pact for Skills e outros proxectos europeos relacionados.
Remigio Berruto, da Universidade de Turín, e Lorenza Lirosi, de FoodDrinkEurope, inauguraron a conferencia e deron a benvida a todos os participantes.
Jonas Lazaro, de DG GROW, e Bertrand Collignon, de DG AGRI, elaboraron unha presentación sobre o Pact for Skills, un parternariado para o sistema agroalimentario (AgriFood Ecosystem), xerado pola Comisión Europea. A ambición deste Pacto é mellorar as habilidades existentes e xerar novas habilidades para, así, facer o ecosistema agroalimentario máis atractivo para a xente moza, proporcionando unha carreira e unha perspectiva de aprendizaxe para os empregados e os traballadores.
O proxecto FIELDS toma parte neste Pacto xunto a outras empresas, asociacións, organizacións da Unión Europea, universidades, federacións, ou centros de aprendizaxe, que apoian á Unión Europea para desenvolver este plan. Os membros actuais foron presentados durante conferencia e apuntouse que a comunidade de membros interesados está a crecer.
Ademais, durante a Conferencia puxéronse de relevancia os principais resultados de FIELDS, que se poden atopar na súa páxina web, como son: bases de datos (por exemplo, a base de datos de currículos para complementar a información sobre os formadores e a base de datos de Boas Prácticas con casos de éxito nas áreas do proxecto) ou o lanzamento do seu innovador Sistema de Xestión da Aprendizaxe (LMS, polas súas siglas en inglés) e a Plataforma de Formación FIELDS, que representan un paso significativo cara á mellora das habilidades e cara ao fomento da sustentabilidade no sector agrícola.
FIELDS levouse a cabo co financiamento do programa Erasmus+ da Unión Europea.
O sétimo boletín do proxecto FIELDS pode atoparse completo nesta ligazón.
Máis información sobre FIELDS en:
Web: https://www.erasmus-fields.eu/inicio/?lang=es
Redes sociais:
Twitter: https://twitter.com/SprojectField
LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/fields-project-erasmus/?viewAsMember=true
Facebook: https://www.facebook.com/Fields-Project-Erasmus-115331017260054
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCKFCxHAmRdRLF9_axPy-eNg



