• Queixas e suxestións.
  • Localización e contacto
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
No Result
View All Result
AGACA
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish
AGACA
No Result
View All Result
Home Blog

Unha ollada profunda aos desafíos do agro

Publicado en Cooperación Galega, Nº 167. Marzo 2024.

Agaca by Agaca
4 de Abril de 2024
in Blog, Novidades
Compartir en FacebookCompartir en Twitter
O director-xerente de AGACA Higinio Mougán, na reunión mantida entre representantes de agricultores, gandeiros e transportistas cos conselleiros de Medio Rural, José González, e de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

A recente onda de mobilizacións entre agricultores e gandeiros atopa as súas raíces nunha serie de causas que abarcan dende imposicións institucionais de normativas medioambientais ata a percepción de desigualdades e a falta de diálogo, provocando unha gran frustración.

Este artigo explora as raíces desta indignación e sinala erros que desafían a equidade no sector.

Imposición de políticas verdes sen consulta sectorial

A Unión Europea iniciou a PAC (Política Agraria Común) cun enfoque produtivo, buscando o autoabastecemento, promovendo o comercio internacional dos produtos sobrantes e o impulso das comunidades rurais. Dende finais do século pasado incorpóranse os coidados medioambientais e a seguridade alimentaria.

A día de hoxe, as actuais políticas verdes evidencian un claro posicionamento medioambientalista carente dunha participación e consulta adecuadas co sector agrario. Esixen obxectivos pouco realistas sen recibir nin escoitar ao sector.

A imposición do Pacto Verde dende unha elite política sen un diálogo efectivo co sector xerou unha gran preocupación entre os produtores e produtoras europeos.

A falta de estudos de impacto previos e a ausencia de consideración para as explotacións non dimensionadas son temas críticos. Chama a atención que estudos desenvolvidos por Estados Unidos (a quen non lle afectan estas novas normativas), unha vez publicitados pola Unión Europea (UE), xa auguraron que estes novos plans suporían unha gran perda tanto de produción como de rendas para Europa.

Desigualdade nas negociacións comerciais

A PAC é a gran política común da UE que máis fácil acada consenso dos países que a integran: O sector agrario convértese en moeda de cambio en negociacións internacionais, fanse cesións no mercado dos alimentos e gáñanse mercados en sectores como o da automoción, o asegurador ou o financeiro, beneficiando aos grandes grupos económicos da UE (bancos, aseguradoras etc.).

As concesións no mercado alimentario a cambio de beneficios noutros sectores derivan en desafíos case insuperables para a competitividade e a viabilidade das explotacións agrarias.

O sector agrario convértese en
moeda de cambio en negociacións
internacionais.

Cando se asinan acordos comerciais que obvian as obrigas de producir baixo as normativas que se impoñen á produción da Unión Europea estase xerando un claro desequilibrio, que se traduce en competencia desleal.

O mercado e os consumidores non remuneran, nin remunerarán, os esforzos por acadar unha maior sostibilidade medioambiental. Existe unha clara incoherencia entre os estritos requisitos esixidos a toda a produción europea fronte ás importacións de terceiros países, que provocan unha desigualdade competitiva. O resultado é unha cadea agroalimentaria sen valor e uns produtores sen rendibilidade, sen substitución xeracional e abocados ao abandono, con consecuencias no medio ambiente e no territorio xa visibles na Galicia e na España baldeirada.

Degradación da imaxe do sector agrario

O sector agrario e gandeiro da UE ten un problema moi serio e profundo coa mala imaxe da agricultura e gandería difundida por certas elites sociais e por grupos de opinión descoñecedores absolutos da realidade produtiva.

A simplificación dos temas agrarios favorece una case «militancia» ecoloxista e animalista baseada na desinformación, nos prexuízos e na falta de rigor científico.

A obsesión moderna coa alimentación levou á sociedade a desconectar da realidade do agro. Gran parte das mensaxes arredor das novas alimentarias (aquí as redes sociais acadan gran protagonismo), das dietas, dos superalimentos etc. son fake news.

Existe incoherencia entre os estritos
requisitos á produción europea fronte
ás importacións de terceiros países.

As modas que, en ocasións, son impulsadas por persoas con influencia mediática ou popular poden provocar, en tempo récord, unha demanda abrumadora dun produto que a distribución procura satisfacer exercendo presión sobre os produtores. Estes vense sometidos aos requisitos intrínsecos do seu cultivo, ao que se suma a competencia desequilibrada proveniente do exterior.

A sensación é de que se está a transmitir unha imaxe de culpabilidade desmedida cara ao sector. Cómpre unha reflexión máis atenta sobre a desproporción da carga que se lle impón e a responsabilidade que temos todos como sociedade, por exemplo, na loita contra o cambio climático:

Cal é o impacto ambiental de mercar por Internet ou de desfrutar de viaxes en avión a destinos afastados? Actividades tan cotiás como as vacacións poden duplicar as emisións anuais de consumir carne ou leite. Tal vez o turismo, a diferenza do sector agrario, é un intocable.

En canto aos alimentos, dáse o paradoxo de que os produtos ultraprocesados reciben moitos apoios, pero coñecemos o seus impactos na saúde e no ambiente?

Camiño cara á sustentabilidade

A falta de aliñación entre as medidas impostas e os principios promotores, a percepción dunhas esixencias ambientais sen respaldo científico sólido ou a desigualdade nas importacións están xerando unha gran frustración no sector.

Reunión do Consello Reitor de Cooperativas Agro-alimentarias de España co ministro Luis Planas.

A pesar das protestas, a maioría do sector está comprometido con mellorar a súa sustentabilidade ambiental e adaptarse ao cambio climático, pero é imprescindible que este camiño se faga baseándose na coherencia entre políticas ambientais e desenvolvemento económico.

A normativa proposta dende a UE esixe importantes investimentos por parte dos profesionais agrogandeiros en maquinaria e instalacións: Como asumen esta carga? e, por outra banda, como van reducir estas inxentes cantidades de ferro e cemento o impacto medioambiental? Falta coherencia.

Esta situación provoca desencanto e desilusión na xuventude. Se non podemos ofrecer un agro sustentable, o abandono, que xa é unha realidade, será imparable, e as consecuencias repercutirán no medio natural tamén.

A pesar das protestas, o sector
comprométese coa sustentabilidade
ambiental.

Será preciso un grande investimento para a conservación do medio. Se non se coida, afrontaremos cambios nas paisaxes, a frecuencia e impacto dos lumes verase incrementada, perderanse valores culturais e tradicións.

A intervención humana é necesaria no ámbito rural para favorecer o equilibrio.

Cadeas de valor equitativas

Os agricultores sinalan medidas obrigatorias que non se aliñan cos seus principios e obxectivos. Fortes investimentos en aplicadores de xurros polas esixencias aplicadas contrastan coa situación das depuradoras en pobos e cidades.

A cadea de valor debe xerar recursos para todos os actores, con políticas económicas coherentes que equilibren a actividade económica e ambiental.

Requírense un marco legal que equilibre a cadea e políticas comerciais xustas.

Neste contexto, o desafío radica en lograr unha maior solidariedade da sociedade e os consumidores cos agricultores, superando a brecha entre a elite social e a realidade do agro.

A sustentabilidade debe ser un camiño trazado con evidencia científica, diálogo e apoio económico. A esperanza está en atopar un punto de encontro que garanta un futuro sostible para o sector agrario.

Esta chamada á reflexión convida a repensar as políticas e accións que afectan a quen sostén a base da nosa alimentación e contorna rural.

PROPOSTAS

1

Eliminación da burocracia e simplificación real da PAC. A agricultura e a gandaría están á vangarda, pero o exceso de burocracia asfixia aos sectores. O Caderno Dixital de Explotación debe ser voluntario, polo menos para os próximos a xubilarse.

2

Impulsar as cláusulas espello nos acordos comerciais asinados pola UE. Débense modificar os acordos comerciais para poder competir coas mesmas regras de xogo. Maior control nas fronteiras e freo aos acordos con terceiros países que non produzan nas mesmas condicións que na UE.

3

Recoñecer a importancia da gandería. Hai un crecente esquecemento da gandería e da súa importancia económica, social e ambiental. O sector gandeiro debe ser respectado e protexido antes os ataques infundados. Calquera normativa publicada ou que se pretenda publicar, como a de benestar animal, debe contar con estudos de impacto e baixo evidencia científica, e non pode poñer en risco a viabilidade económica e a competitividade das explotacións.

4

Compromiso firme de axudar na loita contra pragas e enfermidades das plantas e animais. Urxe establecer e apoiar estratexias e políticas de loita e prevención contra as pragas (flavescencia dourada, verme do millo etc.) e enfermidades dos animais (lingua azul, EHE etc.).

5

Medidas de apoio reais e factibles á remuda xeracional. É necesario o respaldo á incorporación das novas xeracións á actividade agraria e gandeira con medidas políticas e económicas tratando de garantir a súa permanencia, profesionalización e rendibilidade das súas explotacións, así como fomentar a súa incorporación ás cooperativas agroalimentarias.

6

Adaptar os obxectivos medioambientais do Pacto Verde á realidade económica e social do sector produtor. Os agricultores e gandeiros somos conscientes do noso papel como defensores da terra, polo que urximos un diálogo para determinar obxectivos razoables, prazos posibles, financiamento público e coherencia coas políticas comerciais.

7

Medidas para lograr un maior equilibrio no mercado entre a produción e o resto dos elos mediante a estruturación produtiva e comercial. Para lograr prezos xustos para os nosos produtos, eliminar a especulación e favorecer unha remuneración digna do traballo dos produtores é preciso apoiar ás cooperativas como ferramenta económica clave dos agricultores e gandeiros.

8

Adaptación dos ecorréximes e da PAC, especialmente da PAC á realidade produtiva da agricultura e gandería de Galicia.

9

Unha política clara de protección da agricultura e gandería contra a fauna salvaxe. Deben existir plans de xestión e control da fauna salvaxe, mediante un control de censo de poboación de animais salvaxes por parte das administracións, así como, indemnizacións dos danos ocasionados pola fauna e o lucro cesante.

Ler revista completa:

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias

Santiago de Compostela
Delegación Lugo
Delegación Ourense

Teléfono sede central: 981.58.47.83
Correo electrónico sede central:
agaca@agaca.coop

Menú

  • Localización e contacto
  • Traballa con nós
  • Aviso legal
  • Política de calidade
  • Política de privacidade
  • Perfil do contratante
  • Protocolo prevención acoso sexual
  • Queixas e suxestións. Asesoramento ao Gandeiro
  • Canle Interna de Información
  • Comunicación a provedores
  • Galego
  • Spanish

Participa

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

No Result
View All Result
  • Nós
    • Quen somos
    • Equipo Técnico
    • Organigrama
    • Referencias Históricas
  • Servizos
    • Consultoría
    • Formación
    • Seguros
    • Calidade
    • Datos
  • Cooperativas
  • INICIATIVAS
  • Cursos
  • Publicacións
  • PRENSA
    • Prensa Histórico
    • Mediateca
  • Revista
    • Revista
    • Hemeroteca
  • Blog
  • Galego
  • Spanish

© 2020 Asociación Galega de Cooperativas Agrarias.

Gestionar el consentimiento de las cookies
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Ver preferencias
{title} {title} {title}